NOTICIAS BIBLIOTECA

UNHA FIN DE SEMANA CHEA DE CONTOS

 Contos
 
Esta fin de semana (11 e 12 de decembro) ven cargadiño de sesións de contacontos. Prográmate e leva ós teus fillos e fillas!
 
O Apalpador, na Librería LIBROS PARA SOÑAR
 

ACTIVIDADES DE DECEMBRO NA BIBLIOTECA CENTRAL

Biblioteca Central
 
 
Durante este mes de decembro, acude á Biblioteca Central cos teus fillos e fillas.
 
 
Coñece a programación. 

3º PREMIO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS!!!

Trofeo 

A mañá de hoxe, 9 de novembro ten rematadado moi, pero que moi ben.

 

Sobre as 13 horas do mediodía recibiamos no noso cole a nova do Ministerio: xunto con outros catro centros de Galicia, acababamos de ser galardoados co Terceiro Premio Nacional ás Boas Prácticas nas Bibliotecas Escolares.


Como este non é un premio individual, senon que é resultado da suma dos esforzos de todos e todas, queremos, dende aquí, comunicárvolo, e darvos as grazas a toda a Comunidade Educativa (familias, alumnado e profesorado) por facelo posible.


Unha lembranza moi especial para o Equipo Directivo, que sempre nos ten apoiado con entusiasmo, e para todos os centros integrados no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) por compartir connosco as súas propostas e, así, permitirnos aprender delas.

 

E, sobor de todo, grazas a Cristina e Pilar polo seu inxente e laborioso traballo como Asesoras de Bibliotecas Escolares.

 

Se queredes facer algún comentario sobre esta nova, enlazade co noso blog.

PASEO EN BARCO POLA RÍA DE VIGO

Ría de Vigo
 
 
Agora tes a oportunidade de facer unha viaxe en barco pola Ría de Vigo como a principios do século XX, nun auténtico barco de vapor!
 
 
 
Para máis información, preme neste enlace. 

GUÍA SOBRE XOGUETES

Xoguetes
Chega o Nadal, e moitas, veces, os pais e nais tendes problemas para elixir os agasallos dos vosos fillos e fillas. 
 
 
Aquí tendes unha Guía que tal vez vos sexa de utilidade. 

Powered by Drupal - Design by artinet