Skip to Content

O NOSO PDI NOS MASS MEDIA

xornal

Estes días, exactamente o mércores 29 de marzo, publicouse unha nova no xornal Atlántico diario comentando todo o traballo que estamos a realizar no cole fomentando na nosa Comunidade Educativa unha vida saudable a través do noso Proxecto Documental Integrado e dos múltiples proxectos aos que estamos vencellados.

O importante deste proxecto son todos os cambios positivos que se están a realizar na nosa vida diaria como as merendas, mellora no exercico...

Se pinchades neste link podedes ver a noticia no xornal on line

 

Desprazándonos sobre dúas rodas

O pasado mércores, 4 de abril, tivemos a sorte de contar con Jose, pai de Lucía de 5ºA.

Co gallo do P.D.I. anual "Vivindo san no cole Frian" o alumnado de 5º está a estudar a "Bicicleta" como medio de transporte saudable. Queremos informarnos de todas as posibilidades que nos ofrecen as bicis e tamén dos seus riscos. Buscamos ser ciclistas responsables e seguros para desfrutar deste estupendo vehículo.

Jose, explicounos moi polo miudo o mundo da bicicleta, para iso trouxo a súa bicicleta e a roupa que emprega para facer as súas rutas. Estivemos moi atentos. Aprendemos e desfrutamos moito.

Esperamos que Jose tamén desfrutara de estar connosco.

Moitísimas grazas, familia, polo voso tempo!

 

 

Novo equipamento Abalar-Edixgal

Fai unhas semanas tivemos a sorte de recibir novo equipamento tecnolóxico para o alumnado de 5º e 6º dentro do Proxecto Abalar-Edixgal. Equipos moi modernos, máis rápidos e lixeiros, con moita maior capacidade. Están pensados para que o alumnado, previo compromiso familiar, póidanos levar ás súas casas, con fins educativos. Algúns destes alumnos/as así o están a facer.

Nas seguintes imaxes podemos ver as caras de felicidade...

Edición especial "Orballando novas"

Esta edición do informativo do tempo "Orballando novas" está adicado ao pronóstico do tempo para ao período vacacional da "Semana Santa" en distinto lugares turísticos.

Unha das particularidades desta edición é que está feito en Lingua Inglesa. Descubrimos lugares turísticos en España e en países europeos, moi turísticos; estudamos o seu tempo e  preparamos as nosas intervencións en Inglés.

Prestade moita atención ó noso programa:  "Weather forecast on Easter Holidays" 

Bo traballo!

13ª edición de "Orballando novas"

Aínda que cuns días de retraso sae a 13ª edición do noso informativo do tempo "Orballando novas"; unha sucesión de problemas técnicos fixeron imposible a súa emisión a semana pasada.

Nesta edición centrámonos do paso da borrasca "Giselle" pola nosa comunidade. Un grupo de alumnas de 5ºA contáronnos en profundidade o paso da mesma durante a semana pasada. É bo recordar e poder apreciar que cumpríronse os pronósticos das nosas informadoras.

Prestade moita atención:

 

 

Bo traballo!

Distribuir contido


by Dr. Radut