O vindeiro xoves, 9 de setembro, as portas das aulas abriránse de novo, para iniciar un curso cheo de ilusión, esforzo, ganas de aprender, superarse e crecer.
Para este primeiro día, temos organizado un horario de entrada extraordinario, que imos establecer do seguinte modo:
CURSO | HORA ENTRADA | PORTA ACCESO |
5º e 6º de Educación Infantil (4 y 5 años) |
9:10 |
Portalón comedor (patio cuberto) |
1º de Educación Primaria | 8:50 |
Portalón principal (patio de educación vial) |
3º de Educación Primaria | 9:00 |
Portalón principal (patio de educación vial) |
5º de Educación Primaria | 9:10 |
Portalón principal (patio de educación vial) |
2º, 4º e 6º de Educación Primaria | 9:20 |
Portalón principal (patio de educación vial) |
Lembramos que, debido ao protocolo Covid-19, non está permitido o acceso das familias ao interior do recinto escolar, polo que os nenos e as nenas, serán recollidos é guiados polos/as mestres/as no portalón de acceso que lles corresponda.
Non esquezades que o resto dos días do ano académico, debemos axustarnos ao horario ordinario, o cal vos indicamos recentemente na carta de benvida ( documento adxunto)
Por último, para comezar o novo curso 2021-2022, todo o alumnado debe levar na súa mochila as seguintes pertenzas:
ALUMNADO INFANTIL | ALUMNADO PRIMARIA |
unha merenda saudábel unha botella de auga unha máscara de resposto calzado “tipo crocs” unha muda |
unha merenda saudábel unha botella de auga unha máscara de resposto un estoxo con útiles básicos (lápis, goma, afialapis, cores etc)
|
Un cordial saúdo.
O Equipo Docente do C.E.I.P. Plurilingüe Frián-Teis
Adxunto | Tamaño |
---|---|
cirucular benvida familias .pdf | 76.89 KB |