TANGRAM: XOGANDO E APRENDENDO

Ademais das regletas e outros xogos de lóxica-matemática , na clase de 5 anos B utilizamos diferentes materiais que existen dende moito tempo pero que son un recurso fantástico , divertido e que nos axudan a introducir conceptos de xeometría plana ,desenvolvendo así capacidades psicomotrices e permitindo ligar a manipulación correcta coa formación de ideas abstractas. 

Neste caso falamos do Tangram ,un xogo chino moi antigo pero cun gran valor pedagóxico.

Por outra banda nesta ocasión ligamos a utilización deste material co proxecta " Amigos de corazón" traballando co tangram as figuras relacionadas coas mascotas.  Manipulamos e creamos, pintamos e despois representamos. 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet