NOVEMBRO, MES DA TRADICIÓN ORAL

Chega o Outono

En novembro celebramos o mes da Tradición Oral. No noso Colexio sabemos que nós tamén temos un grande papel na preservacìón deste patrimonio inmaterial. Por iso, agora vos presentamos todo o que temos feito coa axuda dos nosos pais, dos nosos avós e dos nosos mestres.

CONTOS DE BOCA

En primeiro lugar, recabamos a axuda das nosas familias a través dunha circular e da nosa páxina web.

Grazas á colaboración dalgunhas mamás, avoas e mestras, todos os nenos e nenas do Colexio tivemos unha sesión de contacontos. Aquí podédelo ver en imaxes:

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS

Tamén temos preparado unha enquisa para toda a Comunidade Educativa sobre o noso conto favorito. A participación das familias e dos alumnos foi moi numerosa.

E os gañadores deste inusual concurso foron...

 Os Tres Porquiños

Os Tres Porquiños

Este resultou ser o conto favorito dos cativos e dos papás.

Carrapuchiña Vermella

Carrapuchiña Vermella

É o conto favorito das mamás.

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS NA INTERNET 


Os Tres Porquiños

O conto dos Tres Porquiños é unha fábula humanizada da que se teñen novas dende o século XVIII. Pero, seguramente, a súa orixe é moito anterior. Ten chegado ata nós a través da Tradición Oral. Este conto fíxose moi famoso grazas á versión en debuxos animados de Walt Disney.

Podes buscar os seguintes enlaces en Internet sobre o conto:

Carrapuchiña Vermella

O conto de Carrapuchiña Vermella transmitiuse a través da Tradición Oral por cáseque toda Europa. Foi recollido por escrito, por primeira vez, por Charles Perrault.

Podes buscar os seguintes enlaces en Internet sobre o conto:

E neste fantástico vídeo podes atopar, xuntos, a CARRAPUCHIÑA VERMELLA e ós TRES PORQUIÑOS:

RECOLLEITA DE CONTOS E REFRÁNS

Grazas á axuda das nosas familias e á información que atopamos en libros e a traverso da Internet, temos recollido unha selección de contos e refráns.

Os nenos e nenas de 1º curso escoitan atentamente os contos da Tradición Oral

Varias nais, avoas e mestras téñennos contado contos da Tradición Oral durante este mes. 

Para ver máis fotos, preme aquí. 

Pintura dunha muller recitando

Algúns pais trouxéronnos contos que lles contaban os seus propios pais cando eran cativos.

Enlace para ver os nosos refrans 

Estos son algúns dos ditos que temos recollido:


 Escoitamos os podcast

 

 

E aquí podedes escoitarnos recitar ditos da Tradición Oral:

 Portada do libro A Odisea

Sabedes...? Isto de recoller e valorar a nosa Tradición Oral non é ningunha novidade. Xa o fixo, hai moitísimo séculos, Homero, un grego que escribiu "A Odisea" baseándose en tradicións recollidas polo seu pobo. 

Isto, polo menos, foi o que aprendemos na Saída á Casa das Palabras. 

AdxuntoTamaño
Conto pai Carlos e Diego.pdf32.88 KB
A_casa_que_fixo_Xan_conchi.m4a2.72 MB

Powered by Drupal - Design by artinet