OBRADOIRO 6º: PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS

Durante o mes de xaneiro tivemos un obradoiro en 6º sobre Prevención de adiccións.  Repartido en catro sesións, reflexionamos sobre as adiccións, co obxectivo de previr e coñecer os seus riscos. O obradoiro estivo impartido por Patricia da Asociación Érguete en colaboración co PLDA, Plan sobre drogodependencias e outras adiccións do Concello de Vigo. Traballamos as características xerais das adiccións, os riscos da adicción as drogas, alcohol, redes sociais e videoxogos. Rematamos as sesións cun taller de estratexias nas relacións sociais. Resultou moi motivador e participativo.

 

 

  GRAZAS PATRICIA, ÉRGUETE E CONCELLO DE VIGO!

Powered by Drupal - Design by artinet