CHARLA DE JUAN CARLOS ÁLVAREZ (XEFE DE DEPORTES DO XORNAL FARO DE VIGO)

 

 

JUAN CARLOS ÁLVAREZ, NO COLE

O prestixioso xornalista deportivo do xornal Faro de Vigo, Juan Carlos Álvarez, estivo impartindo unha charla no noso cole o pasado venres 16 de novembro. Deleitounos con cinco historias cargadas de emoción, humanidade e grandeza; todas elas relacionadas co mundo do exercicio físico e o deporte. Tratou sobre a grandeza de Gino Bartali e Fausto Coppi, a superación de Wilma Rudolph, a Regata Vendée Globe e a súa historia de ofrecer a vida para salvar a un descoñecido e o nacemento dos clubes Celtic de Glasgow e Manchester United. Todas estas historias foron narradas co seu particular estilo. Todos os luns no Faro de Vigo na súa seción "HISTORIAS IRREPETIBLES" podedes atopalo. 

 

 

 

 

Se queredes saber máis sobre as cinco historias, pinchade no can "Major"

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet