3º e 4º visita Campolameiro

Este ano os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso de Primaria visitamos un lugar do máis interesante: "O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro."

Este parque está moi pretiño de Pontevedra, nun lugar moi bonito rodeado de pequenas aldeiñas e árbores de todo tipo.

O parque ten restos da Prehistoria, concretamente, da Idade do Bronce, son os chamados Petróglifos.

Antes de pasear polo parque, realizamos un taller de cerámica no que nos ensinaron a facer unha cunca coa tecnoloxía e as ferramentas da época.

Máis tarde, gozamos dunha ruta por todo o parque onde puidemos ver debuxos de cervos, cabalos, coviñas, círculos concéntricos,...todos esculpidos nas laxes; e un poboado simulado.

Tamén nos fixeron unha exhibición de lume que constaba en facer lume coas ferramentas que utilizaban na Prehistoria e, como podedes ver no seguinte vídeo, conseguírono.

Para rematar visitamos o museo, cunhas montaxes do máis espectacular...

A verdade é que o pasamos moi ben, un día inesquecíbel, como podedes comprobar no seguinte vídeo.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet