IV QUEDADA LITERARIA


O martes, día 23 de maio, o alumnado de voluntarios bibliotecarios e o curso de 4º A , fixemos unha saída ata o parque de Castrelos para festexar a IV QUEDADA  LITERARIA.

Primeiro lemos cos nenos e as nenas de 4º do CEIP POMBAL. Nesta ocasión, o alumnado bibliotecario fixo de contacontos para os nenos e as nenas de infantil do CEIP POMBAL, CEIP BALAIDOS, CEIP RÍA DE VIGO e CEIP CARRASQUEIRA e logo subimos ata o Pazo para mergullarnos nos contos de Bea Campos e cantar " O libro máxico " de Migallas.

O alcalde de Vigo e Chus Lago pecharon o acto.

Guardar

Powered by Drupal - Design by artinet