Parque Forestal O Vixiador

 

O pasado luns 8 de maio os nenos e nenas de educación infantil do CEIP Frian-Teis realizamos unha visita a través do programa municipal VigoExplora O Vixiador, onde cativos e profesores descubrimos a riqueza das especies que viven nos montes da cidade.

Completamos unha xornada chea de emocións e aventuras, pasando por diversas estacións en pequenos grupos e con monitores especializados que nos convidaron a buscar pistas de pegadas de animais, sons de aves, charcas con anfibios, etc

 

Foi una xornada intensa de actividades onde as nosas mochilas voltaron cheas de coñecementos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet