1º A e B presentan "TitiriFrian"

 

“TITIRIFRIAN”

 

   Os nenos e as nenas de primeiro traballaron moito no seu proxecto documental integrado, “TitiriFrian”. Estudaron a evolución do circo ó longo da historia da humanidade e centráronse nos seus personaxes. Despois de ler contos e de buscar información, decidiron montar o seu propio circo e converterse en artistas. Para conseguilo aprenderon moitas cousas sobre os malabaristas, equilibristas, magos, forzudos, pallasos e mestres de cerimonias.

 

    Xenial 1º-A e 1º- B!!

                             

                  Desfrutade a súa función:

 

 

A gravación deste vídeo realizouse en directo no Auditorio do Concello de Vigo co gallo das Xornadas Intercentros de Teatro, polo que a calidade da mesma non é tan boa como nos gustaría.

Powered by Drupal - Design by artinet