Non vou lento...

Non vou lento...vou detendo o cambio climático!

Así lucía o slogan que a policía, encargada da Educación Viaria do noso Concello, empregou para contarnos as virtudes e inconvintes do emprego das bibicletas. Entre todos e todas descubrimos as posibilidades que nos poden ofertar estes vehículos que conviven connosco. Tamén nos falaron da obrigatoriedade e necesidade do emprego do casco cando facemos uso das nosas bicicletas.

 

 

Todo unha clase de Educación Viaria, tan importante nestes tempos.

Grazas por ensinarnos dun xeito tan ameno!

Powered by Drupal - Design by artinet