O engano dos mapas

Moi interesante foi o que nos contou, Juan de Impórtanos, sobre as ONG, o engano visual dos mapas, o traballo en equipo...

Moi preto do Día da Paz, axudounos a pensar que as cousas poden verse, pensarse e facerse de maneiras diferentes. O mapa de Peters (menos empregado) creado en 1974 achéganos de mellor xeito a realidade xeográfica dos Continentes.

Durante dúas horas estivemos vendo distintos tipos de mapas xeográficos, políticos, demográficos e analizando os problemas de  países de África, Asia...

Propúxonos facer unha torre, o máis alta posible, autosostible e en silencio...credes que fomos capaces?

 
 
Tipos de representacións de mapas: http://elpais.com/elpais/2010/03/18/media/1268881809_720215.html (moi interesante)

Powered by Drupal - Design by artinet