Teatro intercentros

O grupo de teatro do Ceip Emilia Pardo Bazán representou, o martes 19 de maio, no noso colexio, a obra "Sopla", correspondente o programa de teatro intercentros.

teatro

 

Con unha posta en escena sinxela pero á vez fantástica, conseguiron ter atentísimos o numeroso público, durante 45 minutos. Os brecolianos, seres doutro planeta, ensináronnos a sorrir, non ter medo, ser valentes...

Despois de facer a representación, degustaron unha boa merenda e xogaron no patio.

Noraboa polo voso traballo e ata sempre!

Powered by Drupal - Design by artinet