TEATRO NEGRO PARA DESPEDIR A TEMPADA TEATRAL

O CEE Saladino Cortizo despide no noso colexio a tempada de teatro intercentros.


Alumnado do Saladino Cortizo

Cunha estupenda interpretación, 21 alumnos e alumnas do CEE Saladino Cortizo, fixeron as ledicias do noso alumnado máis cativo (Infantil, 1º e 2º), coa a súa representación da obra "Unha eiruga moi larpeira". A técnica que empregaron nesta ocasión foi "Teatro Negro"; cun salón de actos totalmente a escuras, foron pouco a pouco gañándose ó público.

O noso alumnado de 1º aproveitou para interpretarlles un conto acumulativo e unha canción con baile.

Para rematar e despois da entrega de agasallos houbo unha suculenta merenda. 

 

Noraboa a todos/as os actores e actrices!!!

Powered by Drupal - Design by artinet