VISITA O MONTE DA MADROA

Dende fai uns anos vimos participando na recuperación do Monte da Madroa dentro do Programa Medioambiental do Monte da Madroa dirixido dende o Plan Comunitario de Teis e en colaboración coa Comunidade de Montes de Teis. Este ano con máis motivo, xa que estamos a celebrar o ano dos bosques, así que, o alumnado de 4º e 6º do noso colexio, acudiu a dito monte para coñecer máis a fondo como estase a repoboar con especies autóctonas. Da man de Manuel, o garda forestal da Madroa, e do equipo do plan comunitario, capitaneado por Xeno, aprendemos a: recoñecer distintas especies autóctonas,  como podemos eliminar as especies invasivas foráneas, a coidar o noso entorno, moitas curiosidades sobre flora e fauna, distintas anécdotas... Nos seguintes vídeos podedes escoitar directamente de Manuel algunhas destas explicacións:

 O día foi extraordinario e a visita resultou fabulosa. Camiñamos polo monte, merendamos e fixemos moitos xogos. Deixámosvos unhas fotos de algúns destes  momentos.

Esta mesma saída realizouna infantil de 5 anos e 2º de primaria, para máis información visita o seguinte enlace:

Visita á Madroa 2º e 5 anos

Powered by Drupal - Design by artinet