VISITA Á CORUÑA 6º DE PRIMARIA

  O mércores, día 9 de febreiro, os alumnos/as de 6º  acompañados/as das nosas titoras (Dna. Marisa e  Dna.Celsa) e da X.E. (Dna Elisa E.) visitamos as tres casas na Coruña. 

Saímos de Vigo ás 9.55h. Nada máis chegar á 1ª Casa “ O Acuario”, recibiunos unha monitora que nos lembra unhas cantas normas: atender, non facer fotos con flash, etc. Logo falounos dos diferentes animais acuáticos, en concreto, do tiburón de esqueleto cartilaxinoso e ovovivíparo. Tamén, da súa alimentación, das características da súa pel, dos diferentes tamaños de ovos, coidados, etc.

Gustounos moito ver ao microscopio a pel disecada do tiburón e incluso o de podela tocar no propio animal vivo.         Comprobamos como está cuberta de escamas coma pequeniños dentes, tocandoa da cola á cabeza.

Máis tarde, continuamos a visita baixando a ver a sala do Nautilos onde poidemos observar varios peixes e, incluso, como unha moza lle daba de comer ao tiburón Gastón que, por certo, non quixo comer un cacho de merluza porque non tiña fame, segundo  nos comentou unha das guías. Xa no exterior, observamos algunhas focas. Ao remate aínda entramos na tenda de agasallos e mercamos algúns.

A 2ª casa visitada foi “A Domus”. Primeiro deixamos gardadas as mochilas e abrigos, e xa iniciamos a visita libremente durante unha hora. Poidemos aprender participando en varios xogos: de relaxación mental por parellas, vimos un vídeo sobre o parto dunha muller (algún viuno ata nove veces...), e moitas máis cousas,todas elas moi interesantes. 

Ás 14h baixamos ao comedor que copartimos con outro grupo de escolares de Lugo.

Seguimos nesta casa de visita outra hora. A continuación,  emprendemos viaxe á 3ª casa, a das Ciencias e o Planetario”.

Primeiro, no Planetario asistimos a unha proxección de como se ve o ceo de noite desde Galicia, na que repasamos cousas de C. do Medio: Os puntos Cardinais, a estrela Polar, o Sol, satélites naturais (a Lúa),  planetas, a nosa Galaxia, constelacións(Tauro, …) Os diferentes puntos  da saída  e posta do Sol segundo as catro estacións do ano...

Seguímos a visita: asistimos ao nacemento dun ovíparo, un poliño; experimentamos a refracción da luz ao atravesar un prisma; o arco da vella, a reflexión da luz en  diferentes espellos,...

Ás 17.30h continuamos a viaxe de regreso a Vigo facendo unha pequena parada de media hora nunha área de servizo, preto de Santiago, onde merendamos, visitamos a tenda, e as profes tamén tomaron algo.

Chegamos ao lugar de saída (Fonte da Fenosa) ás 20h.

Esta visita resultounos moi interesante polo que poidemos aprender e, sobre todo, polos momentos compartidos con compañeir@s e “profes” fóra da aula.

E... como é de ben nacidos o de ser agradecidos,  nós queremos agradecer ao “cole” de Frian-Teis  o permitirnos esta saída cultural: “As tres Casas”.

Rematamos, lembrando unha frase que poidemos ler na Domus “A única educación posible é estar  o bastante seguro dunha cousa para atreverse a ensinarlla a un/unha neno/a”.  (Gilbert K. Chersterton)

Excursion a A Coruña

Nos lo pasamos genial ese dia se ve en las fotos aunque algunos salen con unas caras... ¡Madre mía!

Powered by Drupal - Design by artinet