2ºESO

Actividades Relixión

Ola!
Imos ter que traballar na casa e propóñovos un par de tarefas para que non vos deixedes levar polo sofá.
O correo de contacto é: cpireligando@gmail.com
Tede moito coidado, sede responsables e pensade no Ben Común.
Moito ánimo e apertas telemáticas.
Ata pronto!
Marga

Afondamento

Dear students,

Espero que esteades ben e levedes o mellor posible esta situación.

Durante o illamento, traballaremos a través da aula virtual creada. Cada mércores atoparedes novas instrucións e tarefas. Se tedes algunha dúbida, escribídeme a analeyenda.english@gmail.com

Best wishes and take care,

Ana Leyenda

CLASE DE ORATORIA

Bos días a tod@s.

As tarefas a realizar para continuar coas clases da materia optativa de ORATORIA atópanse na plataforma EDIXGAL, no apartado do mes de MARZO da materia ORATORIA. 

Hoxe remitiuse a cada alumn@ una mensaxe EDIXGAL coas indicacións detalladas para que podan traballar de xeito autónomo. 

Calquera dúbida solventarase por mensaxe, tanto no EDIXGAL como no correo do departamento de francés: deptfrances@gmail.com

Un saúdo a tod@s.

TRABALLOS XEOGRAFÍA E HISTORIA 2ºESO

Bos días!

Fáltan por entregar os traballos dos seguintes alumn@s de 2º ESO:

2ºESO A: Xoel Fernández, Zaira Hermida e Julio Martínez

2ºESO B: Sarai Blach, Abel Costas, Julio Martín, Miguel Núñez e África Riballo

Podedes enviarme os traballos o meu correo electrónico, que é

inesgeografiahistoria@gmail.com

Saúdos!

2ª LEF- FRANCÉS

Bonjour!

Ya tenéis las instrucciones para realizar la clase virtual de 2º ESO correspondiente a la primera clase virtual de francés y las tareas correspondientes a esta semana en la Unité 3 de EDIXGAL.

Conectaros cada día que os toque tener clase de francés para poder hacer las actividades que le toca a cada día y que aparecerán explicadas en un documento que colgaré siempre al inicio del bloque de la Unidad en la que estemos trabajando.

Si tenéis cualquier duda, me podéis contactar por mensaje EDIXGAL o en el correo:

deptfrances@gmail.com

Merci et au revoir!

Tarea Tecnología 2º ESO - semana 16 marzo

¡Buenos días!

Espero que os encontréis todos y todas estupendamente y con mucha energía para afrontar estos días desde casa. Durante esta semana seguiremos trabajando en la UD4: Máquinas y mecanismos, por lo que os iré colgando las tareas semanales que se repartirán en las 3 sesiones lectivas que tenemos cada semana.

¡Empezamos!

Tarea lunes 16 mar

  • Ficha Poleas: Podéis encontrarla colgada en el aula virtual.

Tarea martes 17 mar

  • Volver a leer en los apuntes el apartado IV. Mecanismos de transformación del movimiento (pág. 7-9) entendiendo bien como funciona cada uno de ellos.

  • Buscar en youtube algún video explicativo para ver cada uno de los mecanismos en movimiento.

  • Ejercicios: pág 14 (50-58)

Tarea viernes 20 mar

  • Corregir los ejercicios del martes a partir de la corrección subida al Aula Virtual.

  • Proyecto de la unidad: Vais a trabajar sobre un mecanismo en concreto de todos los que hemos visto, puede ser de transformación o de transmisión del movimiento. El trabajo consiste en los siguiente:

  1. Ver los enlaces que estarán disponibles en el Aula Virtual sobre diferentes proyectos con mecanismos sencillos.

  2. Seleccionar uno.

  3. Diseñar un pequeño proyecto con mecanismo sencillo que tenga movimiento. Puede ser basado en algún otro que hayáis encontrado por internet.

  4. Elaborar el trabajo que puede ser de dos formas:

      • Un póster donde se explique el funcionamiento del mecanismos y el proyecto que se ha diseñado. Debéis dibujar, colorear, utilizar recortes… abierto a vuestra imaginación. En este caso deberéis explicar el funcionamiento, indicar los elementos que lo componen, tipo de movimiento que realiza, etc. Tamaño A3 (podéis pegar dos folios si no tenéis cartulina).

      • Un mecanismo real que funcione, parecido a los que subiré al Aula Virtual. Dadas las circunstancias esta opción puede complicarse por varias causas: no tener material en casa, elevada dificultad… Sin embargo también puede ser una opción divertida para entreteneros en casa durante el fin de semana.

Los ejercicios deberán ser entregados en el aula virtual en su apartado correspondiente y en las fechas indicadas en las tareas del aula virtual (siempre será al día siguiente de la sesión de clase para que tengáis un margen). Para la entrega de ejercicios tenéis dos opciones:

  • Hacerlos directamente en ordenador

  • Hacerlos en la libreta, sacar una foto y subirla en la entrega correspondiente del aula virtual.

  • Para la entrega del póster o mecanismo real, bastará una fotografía con el diseño final.

Por mi parte os iré colgando las soluciones al día siguiente de la entrega para que podáis ir corrigiendo los ejercicios que vayáis haciendo. Cualquier duda que tengáis podéis escribirme en cualquier momento al email de trabajo de clase: profetecnojess@gmail.com y haré todo lo posible por ayudaros a entender lo que necesitéis o aclarar dudas.

¡Mucho ánimo! ¡Un saludo!

Jessica

Tarefa de Programación - Programming tasks

Invasive species - Doing my own program

Esta situación especial davos unha nova marxe de tempo para presentar o voso propio programa sobre a especie invasora asignada.

Unha vez rematado debedes remitilo por correo electrónico e compartilo dende Scratch on line, enviádeme a ligazón!

Quedo á vosa disposición para calquera dúbida: isabel.traballo@gmail.com

Be carefull!! Stay at home!

ACTIVIDADES XEOGRAFÍA E HISTORIA 2º ESO

Bos días e saúdos a todos!

Para continuar co temario que correspondería, podedes ir facendo as actividades do final do tema 5 (A cultura e a arte do Románico), das páxinas 106, 107, 108 e 109.

Un saúdo e moito ánimo nestes días!

Tarefas matemáticas 2º ESO: semana 1

16/03/2020 13:08
Europe/Madrid

As tarefas de Matemáticas para 2º de ESO para a semana do 16 ao 20 de marzo están colgadas na plataforma EVA-Edixgal, na sección denominada "Trabajo en casa por coronavirus".

No ficheiro adxunto pódense consultar os detalles de cada unha das tarefas.

José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)

Activities

2º ESO A + B

It's time to be responsible and stay at home! We know that you are bored but you should take advantage of the situation and make the most of it! 

There is some work posted in "Aula Virtual". In each folder, you will find the instructions very cleraly but if you have any question or you want me to revise your work, please, DON'T HESITATE to ask. You can write my an email to one of the following addresses: acmparamo@gmail.com // amaside@edu.xunta.es

I am at your disposal whenever you want. Let's do it!!! Take care.

ACTIVIDADES DO ALUMNADO LINGUA GALEGA E LITERATURA

O alumnado de 2º ESO ten á súa disposición desde o venres pasado todas as actividades que ten que realizar. Estas atópanse na aula virutal do centro, tal e como se informou ás familias o pasado venres a través de Abalar Móbil, e tamén as poden descargar desde a páxina do centro (ficheiros adxuntos). No documento que leva por título ACTIVIDADES 2º ESO están todas as indicacións pertinentes e as tarefas que hai que realizar.

As comunicacións con ambos os grupos faranse a través dos medios habituais ou por medio do enderezo electrónico ao cal se poden remitir: traballogalego1920@gmail.com tanto para resolver calquera tipo de dúbida como para enviar as tarefasPor outra banda, as comunicacións coas familias establécese a través de Abalar Móbil tal e como estamos facendo ata o día de hoxe. 

O alumnado coa materia pendente do curso anterior dispón na aula virtual do centro as actividades que han de realizar estes días ou ben descargalas no ficheiro adxunto PENDENTES. 

Por outra banda, para os discentes que teñen activado algún tipo de protocolo farase un seguimento individualizado, secuenciando as tarefas e mantendo un contacto máis pormenorizado con eles e coas súas familias. 

Finalmente, queremos sinalar que as actividades que agora mesmo están dispoñibles están deseñadas en función das horas lectivas, neste caso 3 horas semanais polo que este sería o traballo que levariamos a cabo desde hoxe, 16 de marzo, ata o venres 20 de marzo. No momento en que se suban novas actividades, seredes debidamente informados e informadas a través dos recursos mencionados anteriormente. 

N.B: Recordade que non estamos de vacacións polo que é fundamental que sigades traballando na materia como se estivésemos no centro. E por favor, sigan todas as instrucións das autoridades sanitarias e queden na casa. 

Visita a Extrugasa (Valga) co alumnado de 2ºESO

O alumnado de 2ºESO visitou as instalacións de Extrugasa en Valga, grupo de referencia no mercado mundial da extrusión de aluminio, como parte da súa formación na materia de Tecnoloxía.

Ao longo da visita puideron comprobar o proceso de fabricación de distintos perfís de aluminio, o procedemento de corte, acabados,... dunha das empresas punteiras no sector.

https://www.extrugasa.com/

Regueifando "Historias de vida"

O pasado luns 27 de maio recibimos a visita de algúns dos usuarios do Centro de Día para Persoas Maiores de Baiona. Foi a segunda parte da actividade HISTORIAS DE VIDA, que comezamos cunha visita do alumnado de 2ºESO ao Centro de Día para coñecermos as biografías destas persoas que tanto teñen que nos contar e aprender.

Despois deste primeiro encontro, o noso alumnado elaborou unha regueifas a partir da vida relatada nas entrevistas, e o luns 27 cantámoslla, como ben podedes neste pequeno VÍDEO de mostra.

Foi unha actividade coa que todos quedamos encantados, ademais de que establecemos unhas fermosas amizades entre mozos de 14 anos con outros mozos con unhas oito décadas ao lombo. Fomos felices xuntos, e estamos seguros de que ha de haber máis encontros.

 

 

 

PROXECTO CREAMOS A NOSA CIDADE IDEAL

Na clase de Xeografía e Historia seguimos traballando na preparación da nosa cidade ideal. Esta vez tocounos a elaboración dun lapbook e dunha maqueta que mostrará de forma visual e vistosa información sobre a nosa cidade ideal (funcións urbanas, tipo de plano, estrutura interna, trama urbana, número de habitantes, densidade de poboación, coordenadas xeográficas, clima, etc).

Todos nos puxemos mans á obra e traballando en equipo, con moita paciencia e cariño conseguiremos o gran produto final.

Mañá xoves, día 20 de xuño, ás 12:30h, inauguramos a exposción dos nosos produtos finais,  na biblioteca municipal.

Nota de prensa Valmiñor TV da inauguracións dos produtos finais. PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!!

No documento adxunto podes visualizar imaxes do proxecto que está a desenvolver o alumnado de 2º ESO A e B.

HISTORIAS DE VIDA: vidas con moitas historias

 

O pasado 6 de maio, o alumnado de 2ºESO visitou o Centro de Día para Persoas Maiores de Baiona. Este foi o punto de partida dunha actividade coa que queremos aprender de quen máis sabe da vida, os nosos maiores.

Comezamos por visitar o Centro de Día para entrevistar aos seus usuarios por parellas, que nos contaron como se divertían cando tiñan a idade dos rapaces, como tiveron que empezar a traballar moi cedo para axudar na casa,as experiencias da emigración... deste xeito coñecemos as súas historias de vida, que serán o argumento dun obradoiro de cantigas e regueifas de elaboración propia.

Unha vez elaboradas, prepararemos un acto no Cova Terreña para recitar e cantar as súas vivencias, que nos resultaron ben inspiradoras. Esta será a nosa cumprida e merecida homenaxe.

 

Coñece as túas institucións: Xunta e Parlamento de Galicia

O 9 de abril, o alumnado de 2º da ESO do CPI Cova Terreña visitou as sedes das institucións autonómicas que representan aos galegos e galegas, a Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia, e recibiu de primeira man información sobre o desenvolvemento das principais funcións de cada unha das institucións, nos lugares onde estas desenvolven as súas competencias.   

Os alumnos/as tiveron a oportunidade de asistir a unha sesión plenaria, na que o vicepresidente do Parlamento de Galicia realizou unha mención ao alumnado e profesorado acompañante na visita didáctica.

Asemade, o alumnado realizou unha xincana polo centro histórico de Santiago, organizada polo profesor de Educación Física.

O tempo non foi un impedimento para que os rapaces e as rapazas desfrutaran da actividade ao aire libre.

No ficheiro adxunto podes visualizar as imaxes da saída.

Aprendemos programando sobre o acoso escolar

O alumnado de 2ºESO que cursa a materia optativa de Programación participa no Plan Proxecta Aprendemos programando!!, dentro do cal realizaron distintas historias de situación sobre o acoso escolar que buscan concienciar sobre o mesmo, as súas diversas formas de manifestación e como actuar.

Podedes traballar con elas nas seguintes ligazóns:

Carmen María Poza: https://scratch.mit.edu/projects/285049202/

Hugo Cabral e Adam Silva: https://scratch.mit.edu/projects/286791425/

Carmen Bouzas e Xela Mariño: https://scratch.mit.edu/projects/297932325/

Sara Besada e Cloe Vizoso: https://scratch.mit.edu/projects/299985259/

 

A Regueifa chegou ao Cova Terreña

A regueifa é a manifestación máis estendida no noso país da secular arte popular da improvisación oral en verso, e este curso chegou ata o CPI Cova Terreña.

Duns anos a esta parte estase a recuperar esta mostra de literatura popular -que ten variantes en case que todas as culturas e que está na orixe de estilos musicais modernos coma o rap e o hip-hop- grazas ao traballo da asociación ORAL DE GALICIA.

O 14 de febreiro tivo lugar o primeiro obradoiro con todo o alumnado de 2º da ESO. Tivemos a sorte de contar cun dos mellores regueifeiros do reino da palabra, Luís O Caruncho, que coa súa zanfona nos explicou a orixe da tradición, como se improvisan as coplas e... axiña foi que nos puxo a regueifar na aula de música!

 Para a segunda sesión do obradoiro O Caruncho traballou co alumnado que máis rápido colleu o ritmo e se botou a regueifar na sesión inicial. Aí foi cando traballou a reo a improvisación con distintos tipos de copla. Foi moi divertido e vimos como da timidez inicial pasamos a ser capaces de improvisar con todo tipo de palabras e situacións.

    

Malia que nesta ocasión non fomos seleccionados para a final do certame provincial, desde o Departamento de Lingua Galega e o EDLG pensamos que estes Obradoiros foron unha actividade estupenda para dar a coñecer a regueifa entre a nosa rapazada, e ao tempo, achegármonos o uso da lingua oral dun xeito máis musical, vivaz e lúdico. Medre a regueifa! 

 

 

Saída a Santiago de Compostela 2º ESO

Saída didáctica interdisciplinar organizada polos departamentos de Educación Física e Xeografía e Historia.

O venres, día 16 de marzo de 2018, o alumnado de 2º de ESO visitou distintos lugares de interese cultural na capital da C. A. e realizou dous obradoiros na Escola Galega de Consumo coa finalidade de impulsar e desenvolver a formación das persoas consumidoras.

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031