2ºESO

LA RENTRÉE

MESURES ANTI-COVID19

Révise les différentes mesures pour te protéger et protéger les autres. Tu te souviens des conseils de Ladybug et Chat Noir? Regarde!

 

 

Tarefas matemáticas 2ºESO: 15-19 de xuño

Esta semana realizaranse tres sesións por videoconferencia co seguinte horario:

  • Martes 10:10
  • Mércores 12:20
  • Venres 9:20

As tarefas de cada día iranse indicando na Axenda da plataforma EVA-Edixgal.

José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)

 

2º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA ACTIVIDADES

 

8-XUÑO-2020

 

Hola a tod@s!

 

-Para esta semana propóñovos o visionado da película “El rey Arturo (King Arthur)”, de Antoine Fuqua (Estados Unidos, 2004)e facer un pequeño resúmen da mesma (máximo unha carilla), que podedes enviar ó correo inesgeografiahistoria@gmail.com (No apartado ASUNTO, poñede o voso NOME E APELIDOS e o CURSO 2º).

 

O último día para entregalas é o próximo venres 12 de xuño.

 

Un saúdo!.

 

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 2º DA ESO

Bos días:


Rematamos as tarefas deste trimestre cun cuestionario sobre o metabolismo e o consumo de enerxía.

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL.

DATA LÍMITE PARA CUBRIR O CUESTIONARIO: 15  DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

 

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 8 xuño

 

Bo día querido alumnado! A piques de rematar o curso esta semana imos reforzar os conceptos fundamentais sobre o debuxo técnico e espertar as nosas destrezas de visión espacial.

  • Tendes a planificación da tarefa no arquivo adxunto.
  • Todos os recursos necesarios están en Edixgal, apartado "Plan de reforzo / Tarefa 8 de xuño".
  • Calquera dúbida ou consulta escribídeme ó email (profetecnojess@gmail.com).

O alumnado con tarefas de recuperación pendentes de entregar teredes unha videoconferencia esta semana. Último esforzo!

Jessica

 

DERRADEIRA ACTIVIDADE LINGUA GALEGA E LITERATURA (8-19 de xuño. DÁLLE Á LINGUA (II))

Chegamos ao final. Esta é a derradeira actividade que vos propoño. Lede as indicacións que aparecen no ficheiro adxunto para realizala. Tedes ata o 19 de xuño, día que rematan as clases, para enviala. A actividade tamén está dispoñible na aula virtual do centro. 

Ao mesmo tempo, ao longo destas últimas dúas semanas, aquelas persoas que teñan actividades pendentes poderán entregalas neste tempo. 

Moito ánimo!! 
G. 

Tarefas matemáticas 2ºESO: 8-12 de xuño

Esta semana realizaranse catro sesións por videoconferencia co seguinte horario:

  • Martes 10:10
  • Mércores e xoves 12:20
  • Venres 9:20

As tarefas de cada día, tanto as de reforzo como as de ampliación, iranse indicando na Axenda da plataforma EVA-Edixgal, onde tamén se habilitarán espazos para entregalas.

José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)

 

Resumo da información dirixida ao alumnado de 2ºESO para a súa matrícula de 3º

 RESUMO DA INFORMACIÓN DADA AO ALUMNADO DE 2º ESO, E ÁS FAMILIAS, SOBRE AS OPCIÓNS DE MATRÍCULA DE 3º ESO PARA O VINDEIRO CURSO 2020/2021

Na reunión por videoconferencia celebrada o día 2 de xuño de 2020, a Directora, a Xefa de Estudos, a Orientadora e o Xefe do Departamento de Matemáticas, explicaron as diferentes opcións de matrícula que o alumnado terá para cursar 3º ESO e informaron sobre a súa relación con estudos posteriores (título da ESO, Ciclos FP e Bacharelato).

O seguinte esquema recolle, de modo resumido, os asuntos tratados.

No momento de formalizar a matrícula, ademais das materias obrigatorias, o alumnado de 3º ESO terá que facer tres eleccións:

 - Seleccionar Relixión Católica ou Valores Éticos.

 - Seleccionar Francés (continuación da materia cursada en 2º ESO) ou Cultura Clásica (coñecementos xerais das culturas grega e latina, cun enfoque europeo basicamente histórico e social).

 - Seleccionar Matemáticas Académicas (enfoque tanto teórico como práctico) ou Matemáticas Aplicadas (maior énfase nas aplicacións prácticas):

  • A modalidade de Matemáticas elixida non condiciona en ningún sentido o acceso ao Bacharelato ou a FP. É dicir, calquera alumno que acade o título da ESO poderá continuar no Bacharelato ou nun ciclo medio de FP independentemente das Matemáticas cursadas en 3º de ESO.

  • A modalidade cursada en 3º de ESO non condiciona a modalidade a cursar en 4º de ESO. É dicir, o alumno ou alumna que curse Matemáticas Aplicadas en 3º poderá cursar Matemáticas Académicas en 4º, e viceversa. Sen embargo é importante ter en conta que pasar de Mat.Aplicadas a Mat.Académicas é máis complexo que ao revés, non tanto polos contidos pero si polo nivel de esixencia.

  • Se un alumno ou alumna promociona de 3º de ESO a 4º de ESO coas Matemáticas pendentes, deberá recuperar a modalidade elixida en 3º de ESO aínda que no curso seguinte cambie de opción. É dicir, un alumno que curse Matemáticas Académicas en 3º de ESO e promocione con ela suspensa, terá que recuperar durante o curso seguinte as Matemáticas académicas de 3º de ESO aínda que en 4º de ESO elixa a modalidade de Matemáticas Aplicadas.

  • Dados estes condicionantes, é recomendable que o alumnado que pretenda cursar Bacharelato dalgunha rama científica curse a modalidade de Matemáticas Académicas. Por outra banda, o alumnado que veña atopando dificultades importantes coa materia de Matemáticas en 1º e 2º de ESO é recomendable que curse na modalidade de Matemáticas Aplicadas.

TAREFA DE PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES. 2º DA ESO

Bos días:

A tarefa de hoxe consiste en completar un cadro.

Hoxe toca investigar sobre outro tipo de adiccións e trastornos que poden danar a nosa saúde. Algúns os coñecerás e outros serán a primeira vez que os escoites.

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL

A TAREFA REMATA O 10 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 2º DA ESO

Bos días:

Despois de facer un quecemento para xogar ao voleibol e traballar as características e normas do quecemento no cuestionario, no derradeiro exercicio de quecemento toca aplicar todo o aprendido e corrixir erros anteriores.

Hai que prepararse para xogar ao tenis.

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL

A TAREFA REMATA O 8 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

ACTIVIDADES LINGUA GALEGA E LITERATURA.

Benquerido alumnado, 

Recordade que a actividade para esta semana é a mesma da semana pasada. Tal e como vos expliquei, ao tratarse dunha actividade moito máis completa tedes dúas semanas para realizala, de tal forma que este venres 5 de xuño remataría o prazo para entegala. 

Moito ánimo!
Un abrazo, 

G. 

2º ESO A+B

My dear students,

 

We know you are tired but we have to keep on working until the last day!!! You can find the task for this week in Aula Virtual. Anything you may need, you already know ehere to find me.

Let's do it!

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 1 xuño

 

Benvido xuño! Xa falta pouco para o remate do curso, así que collede enerxía que isto se acaba.

Esta semana voltamos ao inicio do curso e repasaremos as fases do proceso tecnolóxico, tan importante para a resolución de problemas. Ademais, para todos aqueles que queirades continuar co voso proceso de aprendizaxe, propóngovos unha tarefa de ampliación voluntaria.

  • Tendes a planificación da tarefa no arquivo adxunto.
  • Todos os recursos necesarios están en Edixgal, apartado "Plan de reforzo / Tarefa 1 de xuño".
  • Calquera dúbida ou consulta escribídeme ó email (profetecnojess@gmail.com).
  • Estade atentos ao calendario porque teremos unha videoconferencia o xoves desta semana. 

Feliz inicio de mes!

 

Jessica

 

2º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA ACTIVIDADES

 

DÍA 1-XUÑO-2020:

 

Hola a tod@s!

 

Co obxetivo de reforzar os contidos tratados ó longo do curso, as actividades propostas para esta semana correspóndense co tema “As cidades da Europa medieval” e son as seguintes:

 

-Páxina 127: Actividades 1 (Fontes iconográficas: A vivenda artesá) e 2 (A arte no seu contexto: As feiras medievais).

 

-Visionado do documental “La Edad Media Ciudades mercaderes y artesanos”, que podedes atopar no seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=9jA20waUNYQ

 

As actividades podedes envialas ó correo inesgeografiahistoria@gmail.com (No apartado ASUNTO, poñede o voso NOME E APELIDOS e o CURSO 2º).

 

O último día para entregalas é o próximo venres 5 de xuño.

 

Un saúdo!.

 

Tarefas matemáticas 2ºESO: 1-5 de xuño

Esta semana realizaranse catro sesións por videoconferencia co seguinte horario:

  • Martes 10:10
  • Mércores e xoves 12:20
  • Venres 9:20

As tarefas de cada día, tanto as reforzo como as de ampliación, iranse indicando na Axenda da plataforma EVA-Edixgal, onde tamén se habilitarán espazos para entregalas.

José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)

 

Programación: Reforzo 3, Tynder debugger

Bo día,

Déixovos de despedida un pequeno tesouro. A páxina de Tynker.

https://www.tynker.com/ide/v3?type=course&slug=activity:debugger&chapter=0&lesson=0

Combinando programación e xogo iremos pasando de fases (ou non) ata lograr o obxectivo.

Agardo as vosas capturas de pantalla, especialmente das "fases" de programación.

Moito ánimo co reto!

ACTIVIDADES LINGUA GALEGA E LITERATURA (25 de maio-5 de xuño)

Bos días, 

Xa está dispoñible a actividade para estas semanas. Dado que se trata dunha actividade moito máis completa cás anteriores, o prazo para enviala remata o 5 de xuño. A actividade atópase na aula virtual do centro e tamén se pode descargar no ficheiro adxunto. 

Un abrazo, 

G. 

TAREFA DE PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES. 2º DA ESO

CUESTIONARIO DE CONDUTAS PREXUDICIAIS PARA A SAÚDE

Bos días:

Os dous principais elementos dunha vida saudable son: o exercicio físico e unha boa alimentación. Manter unha vida san, depende tamén doutros factores. Agrupámolos baixo o nome de "condutas prexudiciais para a saúde". Son moitas as formas que temos de facernos dano as persoas. Unha delas, moi estendida e que comeza na adolescencia é o tabaquismo.

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL.

DATA LÍMITE PARA A ENTREGA DO CUESTIONARIO: 1 DE XUÑO ÁS 12.00

TAREFA DE EDUCACIÓN FÍSICA PARA 2º DA ESO

O quecemento é unha das partes máis importantes da actividade física.

Pon a proba os teus coñecementos respondendo ao cuestionario que aparece en Edixgal.

TES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL.

DATA LÍMITE PARA RESPONDER AO CUESTIONARIO: 1 DE XUÑO ÁS 12.00 HORAS

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 25 maio

Bo día! Esta semana continuamos co repaso do tema de mecanismos, centrándonos esta vez nos mecanismos de transmisión do movemento circular: a roda de fricción e os engranaxes. Trátase de sistemas de dous ou máis rodas, lisas ou dentadas, que ó atoparse en contacto directo ou a través de correas permiten a transmisión do seu movemento.

  • Tendes a planificación da tarefa no arquivo adxunto.
  • Todos os recursos necesarios están en Edixgal, apartado "Plan de reforzo / Tarefa 25 de maio".
  • Calquera dúbida ou consulta escribídeme ó email (profetecnojess@gmail.com).

Que teñades unha boa semana!

Jessica

 

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031