2ºESO

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 14 abril

Bos días alumnos e alumnas! Espero que esta semana de descanso vos enchera de enerxía para comerzar este 3º trimestre con moitas ganas. Sen embargo ímos a comezar pouco a pouco con algún exercicios de repaso que vos axuden a refrescar os contidos traballados estas últimas semanas. 

Podedes atopar as tarefas programadas para as sesións desta semana na vosa conta de Edixgal. Tamén podedes consultar a programación das mesmas neste documento adxunto.

Arrincamos!

Tarefas matemáticas 2º ESO: 14-17 de abril

As tarefas de Matemáticas para 2º de ESO para a semana do 14 ao 17 de abril están colgadas na plataforma EVA-Edixgal, e tamén como ficheiro adxunto.

José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)

ACTIVIDADE LINGUA GALEGA E LITERATURA (14-17 abril) 3ª AVALIACIÓN

Moi bos días a todos e a todas!! 

Xa tedes dispoñible a actividade que vos propoño para esta semana. Podedes consultala no ficheiro adxunto e tamén na aula virtual do centro. 

NB: O prazo para entregar as actividades remata o próximo luns día 20.

Moita forza para esta nova singradura,

Gonzalo.

 

CLASES DE FRANCÉS - ABRIL 2020

Durante el mes de ABRIL, seguiremos teletrabajando mediante:

  • la plataforma EDIXGAL 
  • la plataforma WEBEX para videoconferencias,
  • el correo electrónico gmail para las comunicaciones.

ES FUNDAMENTAL COMPROBAR CON REGULARIDAD EL CORREO donde se podrá recibir INSTRUCCIONES  O INVITACIONES PARA VIDEOCONFERENCIAS (estas últimas siempre coincidirán con la hora de la clase de francés)

Las instrucciones para hacer la clase estarán en un documento, colgado al principio de la UNIDAD 4 de EDIXGAL.

¡LEED las instrucciones para CADA DÍA DE CLASE!

Recordad que los documentos (escritos o audios) que se pidan tendrán que ser enviados a:

deptfrances@gmail.com

Saúdos de Reli

Ola 2º ESO!

Déixovos un arquivo adxunto cun saúdo.

Bótovos de menos e quería desexarvos unhas boas vacacións! Agora toca descansar do estudo!

Aperta grande!

Marga

PARA VÓS...

Supoño que nalgún momento das nosas vidas alguén nos preguntou: E ti, que queres ser de maior?  Con 8 anos esa pregunta tiña unha resposta aplastante: profesor. Agora, con 35, a resposta converteuse nunha realidade que, ás veces, -teño que recoñecelo- dá certa vertixe.

Pero non quero falar de min. Quero falar de vós. Do alumnado . Gustaríame que esta carta aberta sexa unha declaración de amor. De amor pola profesión máis bonita do mundo, e de amor, respecto e recoñecemento cara vós.

Ao longo destas tres semanas de corentena tivestes que adaptarvos a un cambio moi brusco no voso labor cotián, a unha nova forma de traballar á que non estabades acostumados e acostumadas, pero aí estades.  Quero que saibades que estou tremendamente orgulloso de vós, de que me sinto moi feliz de antendervos. E que vos boto de menos.

A vida consiste en aprender todos os días, e  estou completamente convencido de que estas xornadas a través das pantallas vanvos servir para decatarvos do gran potencial que tedes. Esa é a aprendizaxe que quero que recollades: sodes grandes, e estádelo demostrando cada día. Así é como se fai este camiño. Seguide así, e que nada nin ninguén vos pare.

Desde estoutra banda da ría, que as ondas do mar de Vigo aporten en vós toda a inmensidade do azul e todo o amor do mundo.

Gonzalo.

Deseña unha sesión de exercicios para facer na casa

INSTRUCIÓNS DA TAREFA :


Explica unha sesión de exercicios que esteas a facer na casa.
Completa cada unha das partes da sesión.
Explica en cada sección porque fas eses exercicios. Por exemplo: para preparar o corpo para
actividade seguinte; para mellorar a forza, a resistencia, a flexibilidade, a velocidade...; para
mellorar a coordinación en zumba, baloncesto, parkour...; para traballar todas as partes do
corpo; para non lesionarme; para facer mellor os exercicios; para recuperar; para recuperar
os músculos...
As primeiras veces e mellor facer as sesión cunha idea aproximada do que quero traballar e
despois apuntalo. Xa que o que escribes pode ser demasiado esforzo ou moi pouco. De esta
maneira apuntas o que fas non o que cres que vas facer.
Indica o tempo de actividade total (por exemplo: 1 hora 5 minutos) e a data da sesión.
Recorda que o exercicio ten que estar adaptado a cada persoa.
Selecciona os exercicios e a intensidade dos mesmos de acordo coa túa capacidade.
Envía o traballo ao seguinte @mail: dgayoso2011@gmail.com

 

TEDES TODA A INFORMACIÓN EN EDIXGAL

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 30 marzo

Bos días meu benquerido alumnado!

Unha semana máis déixovos a programación das nosas sesións de aula que traballaremos ben quentiños cada un dende a súa respectiva casa.

Todos os recursos e actividades están subidas a Edixgal. Podedes consultar a programación das actividades neste documento adxunto ou no propio Edixgal, no apartado de últimas novas. Eu seguirei atenta ás vosas necesidades ao outro lado da pantalla.

Comezamos!

Jessica

2º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA ACTIVIDADES

 

Bos días a tod@s!

 

Para esta semana previa a Semana Santa, podedes ir lendo o tema 6 e 7 e facendo as seguintes actividades:

 

-Páxina 127: Actividade 3 (Organización da información. Monarquía e burguesía).

 

-Páxina 128: Actividade 4 (Espazo e tempo. As etapas de Idade Media)

 

-Páxina 129:Actividades 1 (Consolida o aprendido) e 2 (Define conceptos clave).

 

-Páxina 148: Actividade 1 (Causalidade histórica. A primeira guerra civil castelá).

 

-Páxina 149: Actividades 3 (Fontes documentais.Os privilexios da Mesta) e 4 (Fontes documentais: O impacto da Peste Negra en Navarra)

 

As actividades podedes envialas ó correo inesgeografiahistoria@gmail.com (No apartado ASUNTO, poñede o voso NOME E APELIDOS e o CURSO 1º).

 

O último día para entregalas e o próximo venres 3 de abril:

 

Un saúdo!

 

Tarefas matemáticas 2º ESO: semana 2

29/03/2020
Europe/Madrid

As tarefas de Matemáticas para 2º de ESO para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril están colgadas na plataforma EVA-Edixgal, e tamén como ficheiro adxunto.

José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)

ACTIVIDADE LINGUA GALEGA E LITERATURA. TERCEIRA SEMANA (30 de marzo-3 de abril).

XOGAMOS? 

O alumnado de 2º ESO xa ten dispoñible a actividade para esta terceira semana nas diferentes plataformas. 

Como estaba en marcha un concurso de ortografía no centro, o xogo que vos propoño é un exericicio de autoavaliación. A longo destas semanas, fostes enviando os correos coas actividades, e nos textos que escribiades había bastantes erros lingüísticos e gramaticais, polo que fixen unha recompilación de todos eles. Agora, tócavos a vós decatarvos deses erros e corrixilos. 

Quen consiga atopar o maior número de erros, terá a súa recompensa... 

 

Os medios de envío e de comunicación seguen sendo os mesmos. 

Un fortísimo abrazo! Risa

Gonzalo.

2º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA ACTIVIDADES

Hola a tod@s!

Deixovos o enlace do documental  "El viaje de Ken Follett hacia la Edad Media: La peste negra", que está relacionado co tema 6 (As cidades da Europa Medieval ).

É interesante o punto de vista de Ken Follett, que conta como este drama, que supuxo a morte de máis de un tercio da poboación europea, trouxo consigo paradoxicamente un progreso, posto que cambiou a corrente de pensamente e deu paso a unha nova ciencia.

Espero que vos guste e que saquedes en conclusión que dos momentos difíciles se extraen tamén cousas positivas.

https://www.youtube.com/watch?v=xTRN6zAjySk

Un saúdo!

PROMOCIÓN DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES. TAREFA: diario de comidas

Recórdase aos alumnso/as: Ángela Alonso, Lía Castro, Iria Ludeña, Cristian Miniño, Alba Otero (só unha semana) e África Riballo  que teñen que facer chegar ao profesor da materia o diario de comidas que se compremeteron a entregar.

Podedes facer unha foto do diario, se e que o tedes nese formato e remitilo ao correo:

dgayoso2011@gmail.com.

A foto ben clariña, por favor.

TAREFA: DEPORTES DE DEVOLUCIÓN

 Na páxina de Edixgal atoparedes unha tarefa sobre deportes de devolución. Ahí tedes toda a información.

Tarefa Tecnoloxía 2º ESO - semana 23 marzo

Bos días prezado alumnado!

Desexando que esteades a mar de ben e cargados de enerxía positiva déixovos o traballo para esta semana.

Podedes consultar as tarefas programadas no apartado de Últimas novasda plataforma Edixgal, onde atoparedes todos os recursos necesarios para o voso traballo e as indicacións expresas. Tamén podedes ler as indicacións de traballo no documento adxunto.

Finalizada a tarefa debedes subir o voso traballo en formato PDF na tarefa correspondente.

Recordade que podedes contactar comigo a través do meu correo electrónico: profetecnojess@gmail.com.

Saúdos!

Jessica

Tarefas matemáticas 2º ESO: semana 2

22/03/2020
Europe/Madrid

As tarefas de Matemáticas para 2º de ESO para a semana do 23 ao 27 de marzo están colgadas na plataforma EVA-Edixgal, e tamén como ficheiro adxunto.

José Antonio Juncal Martínez (joseantoniojuncal@edu.xunta.gal)

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO LINGUA GALEGA E LITERATURA 2º ESO (23-27 marzo, segunda semana.)

Xa están dispoñibles as actividades da materia de Lingua Galega e Literatura. Descargade o ficheiro adxunto e seguide as indicacións que figuran nel. Os medios de envío e de comuncación seguen sendo os mesmos e as actividades están dispoñibes tamén na aula virtual do centro. 

A atención ao alumnado coa materia pendente do curso anterior vaise desenvolver tal e como estamos facendo actualmente. 

 

Un forte abrazo! 

2º ESO XEOGRAFÍA E HISTORIA ACTIVIDADES

Hola a tod@s!

Espero que estedes levando ben este periodo de confinamento!

Tamén espero que estedes mirando o tema 5 (A cultura e a arte do románico) e facendo as actividades das páxinas 106, 107, 108 e 109.

Cando as rematedes, enviádelas ó meu correo electrónico, que é  inesgeografiahistoria@gmail.com (No apartado ASUNTO, poñede o voso nome e apelidos e o curso ).

O último día para envialas será o próximo venres 27 de marzo.

Un saudo!

2º ESO A+B

Dear students,

More things to do!!! I have just uploaded more activities for you to do. You can find them in Aula Virtual. Please, any question you may have,  write and ask! You know how to contact me!!!

Let's keep calm and working!!!

Take care

aleyenda@edu.xunta.es or analeyenda.english@gmail.com

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031