Hoxe realizouse a entrega de premios aos /ás finalistas do I TORNEO DE XADREZ e agradecemos a colaboración do alumnado que actuou como presentadores/as e dinamizadores/as do evento por facelo así de ben, sen esquecer felicitasr a todos e todas os participantes ao longo do torneo por amosar que o tempo de lecer sempre abre camiños e ao profesor e profesora coordinadores que fixeron posible achegar este deporte ao alumnado.
Imaxes dos presentadores e do gañador -Samuel- acompañado por Gabriel, profesor organizador e encargado de entregar os premios.
Premendo nesteenlacepoderedes ver as fotos da entrega de premios.
Achegamos o vídeo realizado por Yolanda, profesora organizadora do torneo, para lembrar esta gratificadora experiencia.
PARABÉNS AO GAÑADOR!
PARABÉNS AOS PARTICIPANTES!
PARABÉNS AOS/ÁS ORGANIZADORES/AS!
Agardámosvos o seguinte curso no II TORNEO DE XADREZ.
Os 24 participantes poñerán a proba a súa axilidade e destreza para poder chegar ata a final; aínda que o camiño percorrido para chegar ata ela estará cheo de xogo, aprendizaxe e inesquecibles momentos compartidos.
As partidas desenvolveranse no tempo de lecer dos luns e mércores de cada semana.
ÁNIMO E que tardedes en dicir: XAQUE MATE!
Como podedes comprobar, todo un éxito os primeiros encontros!
Aproveitando a oferta que brinda IGACIENCIA, o alumnado de 4ºESO e 1ºBAC asistiron o martes, día 23 de novembro, ás 12h á videoconferencia, Química e vidade María do Pilar Bermejo, decana da Facultade de Química da USC.
O venres 11 de xuño está prevista a celebración da Gala 12ª Edición do Concurso de Novos Talentos de Relato Curto, onde se darán a coñecer os/as premiados/as. Dita gala seguirase dende o centro educativo de xeito virtual e asistirán os grupos de 2ºESOA, 2ºESOC e 2ºPMAR, por ter participantes neste evento.
Farase o seguimento da gala dende o Salón de Actos, comezando ás 11.00h e tendo como hora aproximada de remate as 12.00h.
Charla: Motivación e saídas laborais e perruquería.
RELATOR: Borja Pérez, representante da casa Loreal.
DESTINATARIOS/AS: alumnado de 1º e 2º PECOCA, 1º e 2ºPEIEST.
DÍA: 27 de maio
LUGAR: salón de actos
O relator falará sobre a motiviación e saídas laborais nesta profesión, da participación e colaboración da casa Loreal na formación de alumnado de expedientes notables para futuros talentos profesionais e da situación actual e retos da perruquería na actualidade.