Skip to Content

Avisos

VIDEOCONFERENCIA PREVIA Á FCT CONVOCATORIA ABRIL-XUÑO E ELECCIÓN DE EMPRESAS PARA CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

A esta reunión deberán asistir todos/as os/as estudantes do ciclo medio e superior que acceden á FCT (independentemente de que xa teñan unha empresa ou non) e todo o profesorado titor destes/ destas estudantes. 

ASISTENCIA OBRIGATORIA (*) 

DÍA: 22/03/ 2021

HORA: 10:00H

(*) PARA: alumnado que realice a FCT EN abril-xuño

ALUMNADO QUE REALIZARÁ A FCT EN XANEIRO - MARZO DE 2021

O alumnado que desexe matricularse para realizar a FCT no período de xaneiro-marzo de 2021, deberá de matricularse da FCT no mes de decembro. 

Tras a matrícula, o alumnado deberá de poñerse en contacto con Mª Paz Varela no correo (fct.muralla.romana@gmail.com) ou no departamento de coordinación da FCT.  

Os alumnos e as alumnas que o desexen poden achegar empresa.  O titular da empresa que acheguen, non poderá ser familiar do alumno ou da alumna. O nome da empresa, un teléfono e unha persoa de contacto será comunicado a Mª Paz Varela (fct.muralla.romana@gmail.com) ata o venres 29 de decembro. 

As prácticas darán comezo o luns 11 de xaneiro de 2021. 

 

VIDEOCONFERENCIA PREVIA Á FCT CONVOCATORIA SETEMBRO-DECEMBRO E ELECCIÓN DE EMPRESAS

VIDEOCONFERENCIA PREVIA Á FCT CONVOCATORIA SETEMBRO-DECEMBRO E ELECCIÓN DE EMPRESAS. 

ASISTENCIA OBRIGATORIA

DÍA: 02/09/2020

HORA:11.00H

PARA: alumnado que realice a FCT en setembro - decembro.

OBSERVACIÓNS:

O alumnado poderá conectarse dende  ordenador, tablet ou móbil con acceso a internet ou datos facendo clic no seguinte enlace:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m1b207661fc6e79ec0fa71bc96dd3b9a4 

Tras facer clic no enlace, a primeira vez instalarase de forma automática unha miniaplicación. 

Se ten dificultades pode ver o seguinte titorial.

A videoconferencia abrirase ás 10:00h do día 2 de setembro para que os asistentes poidan realizar a conexión a esta con antelación. RECOMÉNDASE probar a conexión con antelación ao inicio da reunión. 

A asistencia á reunión é obrigatoria para o alumnado que realice a FCT na convocatoria de setembro-decembro. 

Se algún alumno ou alumna non tivese os medios técnicos para conectarse deberá comunicalo con antelación ao día 2 de setembro a fct.muralla.romana@gmail.com

ALUMNADO QUE REALIZARÁ A FCT EN SETEMBRO-DECEMBRO DE 2020

ALUMNADO QUE REALIZARÁ A FCT EN SETEMBRO-DECEMBRO DE 2020

Os alumnos e as alumnas que o desexen poden achegar empresa. O titular da empresa que acheguen, non poderá ser familiar do alumno ou da alumna, e o alumno/a non poderá ter un contrato laboral vixente coa empresa no momento de realizar as prácticas. O nome da empresa, un teléfono e unha persoa de contacto será comunicado a Mª Paz Varela Montero a través do correo electrónico:  (fct.muralla.romana@gmail.com) ata o día 25 de agosto.

OPCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA FCT NO PERÍODO ABRIL-AGOSTO: FP BÁSICA-CICLOS MEDIOS-CICLOS SUPERIORES. CURSO 2019/2020

Opcións posibles para a realización da FCT, adaptada á Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de data  23 de abril de 2020.

Acordo da Comisión Informativa das familias profesionais, dentro da Comisión de Coordinación Pedagóxica celebrada o día 24/04/2020.

Premer no seguinte enlace para ver as disitintas opcións: FCT-COVID19.

ALUMNADO QUE REALIZARÁ A FCT EN ABRIL - XUÑO DE 2020

ALUMNADO DE CICLOS MEDIOS E CICLOS SUPERIORES

O 27 de marzo ás 11:30 temos a reunión previa á FCT. A esta reunión deberán asistir todos os estudantes do ciclo medio e superior que acceden á FCT (independentemente de que xa teñan unha empresa ou non) e todos os titores destes estudantes.

ALUMNADO DE CICLOS DE FP BÁSICA

Os alumnos da FP Básica e os seus titores deberán asistir o 17 de abril ás 12:00 á reunión previa á FCT.

ALUMNADO DE FP BÁSICA, CICLOS MEDIOS E CICLOS SUPERIORES QUE REALIZARÁ A FCT EN SETEMBRO – DECEMBRO 2019

Os alumnos e as alumnas que o desexen poden achegar empresa. O titular da empresa que acheguen, non poderá ser familiar do alumno ou da alumna. O nome da empresa, un teléfono e unha persoa de contacto será comunicado a Esther López Coro/Mª Paz Varela Montero (fct.muralla.romana@gmail.com) ata o día 2 de setembro ás 14 horas.

O día 13 de setembro ás 12:00 horas, no salón de actos, haberá unha reunión previa á entrega de listados de empresas e alumnado (ordenados por nota media) para proceder á elección de empresa.      (Os/as titores/as estarán presentes para asesorar ao alumnado)

As prácticas darán comezo o 25 de setembro de 2019. Máis información FCT

Máis información FCT

Distribuir contido


by Dr. Radut