Axudas

Tags:

 aviso

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Para consultar a convocatoria pulsando o seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20180514_fct.pdf

ou no seguinte documento en pdf  

Toda a información, alumnado excluído, prazos, documentación a aportar están recollidos no seguinte pdf: información axudas FCT.  

Tags:

Para o alumnado que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de fp básica,  de grao medio ou superior de formación profesional e deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2017.

Non terá dereito á axuda o alumnado que realice a FCT no concello do centro educativo ou no concello de residencia durante a FCT.

ORDE do 3 de maio de 2017 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Débese presentar a seguinte documentación no centro onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo:

-Solicitude normalizada segundo o anexo I da orde.
-Certificado do domicilio de residencia durante o período de realización da FCT, segundo o anexo II desta orde.
-Fotocopia do DNI.
-Declaración responsable complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a mesma finalidade (Anexo IV).
-Certificación de realización das prácticas.

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo. Toda esta documentación xerarase a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/fct, polo que os anexos desta orde só serven para efectos informativos.
As solicitudes xunto co resto dos anexos só se poderán presentar no centro educativo onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.


Sede electrónica

Prazos para presentar a documentación:

para o alumnado que realice a FCT nos períodos outubro 2016-marzo 2017 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2017 o prazo remata o 19 de xuño de 2017. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2017. 

Ao alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2017 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo. 


O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2017, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2017. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2017. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral e remate despois do 31 de decembro de 2017 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

 

ORDE do 31 de decembro de 2016 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 28 de abril de 2016.(prazo outubro) 


Máis información FCT

 

Distribuir contido