ORIENTACIÓN

Orientación

Profesor/profesoraCargo

Mundiña Basanta, Beatriz

Patricia Veiga García

Orientadora

Orientadora

Palmeiro Martínez de la Escalera, María Profesora PT

Díaz Fernández, Alida

Noemí Devesa Montouto

 Profesora PT

Profesora PT (PROGRAMA ARCO)

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DA ESCOLA DE ENXEÑERÍA INDUSTRIAL NA UNIVERSIDADE DE VIGO:

Dende a Escola de Enxeñería Industrial da UVigo ofértanse unhas Xornadas de Portas Abertas, que serán de xeito virtual e que se celebrarán o próximo 16 de Xullo.

 

Podedes atopar máis información das Xornadas no seguinte enlace:

 

https://eei.uvigo.es/eei_gl/comunicacion/novas/xeral/novidade_0381.html?__locale=gl

 

Para inscribirse debedes cubrir o formulario de asistencia:

 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSccmtKUEO7QWplFt_29pKcTHrFSItygnD7j21818ycgCviLZw/viewform

 

 

Con posterioridade xa se indicará a sala na que se celebrarán as xornadas e os datos de acceso á mesma.

 

CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN DE FORMACIÓN PROFESIONAL

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon en marcha, por primeira vez no próximo curso 2020/2021, cinco cursos de especialización de formación profesional. A oferta, publicada no DOG do 25 de xuño de 2020 é a que se detalla a continuación. 

  • CSELE51 Ciberseguridade en entornos das tecnoloxías de operación (familia profesional electricidade e electrónica). 
  • CSIFC50 Ciberseguridade nos entornos das tecnoloxías da información (familia profesional informática e comunicacións).
  • CSQUI50 Cultivos celulares (familia profesional de química)
  • CSIMA50 Dixitalización do mantemento industrial (familia profesional instalación e mantemento)
  • CSIMA51 Fabricación intelixente (familia profesional instalación e mantemento)

Estes cursos están dirixidos a persoas tituladas de ciclo superior que pretendan completar a súa competencia profesional adquirida no ciclo formativo, favorecendo así a súa especialización. Ás persoas que superen estes cursos expediráselles unha certificación académica que complementa a formación ao título que se require para o acceso. 

Para ampliar a información sobre os cursos de especialización recomendamos que se consulte o seguinte enderezo:

http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-cursos-especializacion-2020-2021

 

XORNADAS PORTAS ABERTAS VIRTUAIS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.

DÍAS 14 E 15 DE XULLO 

Nestas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, os visitantes (estudantes e familiares) coñeceredes por dentro a Universidade e poderedes interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros martes 14 e mércores 15 de xullo.

 

Tamén coñeceredes outros servizos e unidades: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, cooperación e voluntariado, medioambiente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...


Podedes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade, 2 Graos Abertos e o Grado de Nanociencia e Nanotecnoloxía de nova implantanción, no curso 2020-2021

 

Na seguinte ligazón:

https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/

 

E na aplicación móvil UDC.gal para Android e para IOS

 

Disporedes de:

  • Videoconferencia en directo de cada titulación

  • Vídeos de Centros Universitarios

  • Vídeos con testemuña de alumnado matriculado e alumnado titulado.

 

 Hai un apartado especial con RETOS E OBRADOIROS EN VIVO.

 

Tamén teredes á vosa disposición un posto de INFORMACIÓN XERAL no que poderedes facer as consultas e formular as dúbidas sen límite ningún.

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL E DE FP DUAL NO CURSO 2020/2021:

Neste enlace podedes acceder ao Calendario do proceso de admisión a Ciclos de FP e FP Dual para o curso 2020/2021.

Enlace: http://www.edu.xunta.gal/fp/node/15703

 

OFERTA DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O CURSO 2020/2021

Achegámosvos a oferta de Formación Profesional polo réxime ordinario e de persoas adultas en centros públicos para o vindeiro curso. 

Máis información no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31376

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL NA UNIVERSIDADE DE VIGO NOS GRAOS DE: ENXEÑERÍA DA ENERXÍA E ENXEÑERÍA DOS RECURSOS MINEIROS E ENERXÉTICOS:

Dende a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, organizan a Xornada de Portas Aberta Virtual (a Energy Virtual) o próximo día 25 de xuño dende as 12 horas ata as 13 horas.

O obxectivo é mostrar aos rapaces e rapazas de secundaria as posibilidades e saídas profesionais que teñen os  graos: Grao en Enxeñaría da Enerxía e Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.

 

Para acceder á Xornada só tedes que seguir os seguintes pasos:

 

Clik no seguinte enlace: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/928607699

 

Contrasinal de estudante: 6rAsLWyz

 

Escribide o voso nome e a inicial dos voso apelido (exemplo: Alberto G)

Dúas posibilidades de acceso:

 

· Micrófono, poderán escoitar todo e poderán compartir micrófono e cámara. IMPORTANTE: deixade silenciado o micro se non facedes uso del.

· Oínte, só poderán escoitar.

 

RELACIÓN DE COMISIÓNS DELEGADAS PARA A ABAU

Publicada a relación de comisións delegadas para a ABAU coa asignación dos Centros de Secundaria que corresponden a cada unha delas.

Podedes ter toda a información na seguinte ligazón: 

https://ciug.gal/PDF/comisionsdelegadas.pdf

Na seguinte imaxe podedes ver a información do noso centro: 

INFORMACIÓN

 

INFORMACIÓN RESIDENCIAS PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS, CURSO 2020/2021: 

INFORMACIÓN RESIDENCIAS PÚBLICAS: 

Convocatoria prazas para residencia dos centros residenciais docentes de Galicia para realizar estudos postobrigatorios no curso 2020/2021. 

No seguinte enlace podedes solicitar prazas de Residencia nos centros docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021. 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31201

 

 

 

 

GUÍA DE ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS DE GALICIA: 

No seguinte enlace podedes atopar unha guía sobre estudos postobrigatorios en Galicia publicada polo xornal, La voz de Galicia para o curso 2020/2021. 

https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/


Esperamos que sexa do voso interese. 

 

 

29/06/2020 10:40
29/06/2020 14:44

Videoconferencia sobre bolsa de estudos

BOLSA DE ESTUDOS FUAC

IMPARTE: fundación FUAC

DÍA: 29 de xuño

HORA: 11.00H

PARA: alumnado que realice a FCT en setembro. 

          Titulados/as fai menos de 3 anos sen experiencia

ORGANIZA: Depto. Orientación, coordinadora da FCT e vicedirección

OBSERVACIÓNS:

O alumnado poderá conectarse dende ordenador, tablet ou móbil, con acceso a internet. 

Para obter o enlace da reunión, pinchar aquí ou sobre a imaxe. Tras facer clic no enlace, a primeira vez instalarase de forma automática unha mini-aplicación. 

A videoconferencia abrirase ás 10.40h do día 29 de xuño, para que os asistentes poidan realizar a conexión a esta con antelación. 

Proporcionarase información sobre prácticas remuneradas para novos/as titulados/as. 

FOTO VIDEOCONFERENCIA

Distribuir contido