Ligazón ao portal de BOLSAS e AXUDAS - Ministerio de Educación
Se o próximo curso pensas estudar Bacharelato, FP Básica, FP ou na Universidade interésache:
Atento, porque o prazo para solicitar bolsa para o curso 2022 - 2023 adiantouse: é do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022. Debes solicitar a túa bolsa dentro deste prazo, aínda que non saibas aínda que vas estudar, e mesmo aínda que non saibas con seguridade se vas estudar ou non. Pon os estudos que consideres máis probables, e cara a setembro poderás cambialos.