Hoxe asistimos á entrega de premios da II edición de #EnredandoCoGalego no auditorio Gustavo Freire.
Entre "As premiadas ás melloras creacións literarias logo da deliberación do xurado da Escola de Escritoras e Escritores- formado por varias autoras/as da AELG-" estaban:
Anun Zahra, pola súa escrita combativa e rebelde.
Violeta Fraga, pola súa montaxe de imaxe, son e palabra en Medo, falando da súa nai, polo seu alto contido emotivo e feitura literaria.
Jennifer Fernández, polo seu poder evocador e sintético no poema titulado "Saudade".
Parabéns a todos e a todas os/as premiados/as e aos/ás participantes.

Todos e todas recibiron agasallos polo seu bo facer, premendo neste enlace poderedes ver a Candela, Jennifer, Ainhoa e Antía recollendo os seus.
Gozamos participando, pero o mellor agasallo foi a sorpresa: ESCOITAR A SÉS (María Xosé Silvar)!!!