Skip to Content

DESTAQUES

HORARIO OFICINA - Curso 23/24

Reloxo redimensionado - orixinal en Pixabay

Horario de OFICINA para atención ao público:
Luns a venres: 9:00h-14:00h
Correo electrónico: email Oficina

AVISO

INFORMACIÓN PARA ALUMNADO DE DISTANCIA

O alumnado de ciclos na modalidade a DISTANCIA que non reciba as instrucións para rexistrarse na plataforma, ou ben teña algún problema co rexistro na mesma, deberá contactar coa Unidade de Atención a Centros (UAC) para a súa resolución.

ENTREGA DE PREMIOS PILABOT

O pasado 16 de xuño tivo lugar a entrega de premios do programa PLABOT, e como xa publicamos anteriormente o IES Muralla Romana conseguiu o primeiro premio. 

Ata a capital galega desprazáronse alumnos e profesoras para recibir dito premio e recoñecemento pola súa gran labor. 

Ademais disto gozaron dunha tarde de actividades pola cidade todos xuntos. 

Unha vez máis NORABOA!!!

pilabotpilabot
Scape roomActividade

3 equipos do IES Muralla Romana premiados no D3MOBILE METROLOGY WORLD LEAGUE

Na X Edición D3Mobile Metrology World League tres equipos de 1ºBAC do IES Muralla Romana de Lugo, que están a cursar a materia de TIC, álzanse cos seguintes premios:

EQUIPO CAMPIÓN DO MUNDO – ARTISTAS 3D, formado polas alumnas Jennifer Fernández Fariñas e Aitana López Iglesias, cun modelo dunha figura de Sargadelos.

EQUIPO CAMPIÓN DE GALICIA, formado polas alumnas Noemí Díaz Pérez e Lucía Fernández Fernández co modelo dunha coral galega.  

EQUIPO CAMPIÓN DE LUGO, formado polas alumnas Lorena Pérez Vázquez e Valeria San Julián Martínez, tamén cun modelo similar (prestados polo Departamento de CCNN).

Fotografía do acto de entrega de premios
Fotografía tomada ao remate do acto de entrega de premios

PARABÉNS A TODAS POLO VOSO TRABALLO!!!

Noticia no Xornal da USCXornal da USC

Noticia en El Progreso Xornal da USC

Máis información Xornal da USC

Distribuir contido


by Dr. Radut