Skip to Content

DESTAQUES

HORARIO OFICINA - CURSO 23/24

Reloxo redimensionado - orixinal en Pixabay

HORARIO APERTURA CENTRO
Horario mañás: Luns a venres: 8:45h-15:00H
Horario tardes: Luns, xoves, venres: 16:50- 22:45
                        Martes e mércores: 16:00h- 22:45

Horario de OFICINA para atención ao público:
Mañás: Luns a venres: 9:00h-14:00h
Tardes: Martes: 17:00 h -19:00 h 

Correo electrónico: email Oficina

FONDO SOLIDARIO DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR. ALUMNADO MATRICULADO EN ESO, CURSO 2024/25

Aplicación FondoLibrosNo DOG do luns, 20 de maio de 2024 publícase a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.  (Texto da convocatoria)

Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Os solicitantes das axudas deben cubrir unicamente os anexos I e II do procedemento ED330B e presentar a documentación necesaria.
  • Os anexos para a súa presentación presencial tamén poden descargarse neste enlace: Anexos I e II en pdf.

Ligazón a FondoLibros (Na páxina de Inicio atoparás información detallada, por exemplo: resumo do fondo e axudas, prazos establecidos na convocatoria, preguntas frecuentes...)

INFÓRMASE QUE NO CURSO 2024/25 O CENTRO ESTÁ INCLUÍDO NO PROXECTO DE EDUCACIÓN DIXITAL (E-DIXGAL) PARA TODOS OS CURSOS DA ESO. O alumnado destes cursos está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, se reúne os requisitos establecidos na orde. 

LEMBRANDO A LUÍSA VILLALTA: LETRAS GALEGAS 24

Comezamos a semana das Letras con actividades na Biblioteca. O luns realizamos a actividade "Deconstruíndo a Luísa Villalta", con recortes de versos da autora para crear novos poemas expostos na cortiza, ademais duns lapbook realizados por 2º ESO B. Ó día seguinte, no lecer, tivo lugar un Kahoot sobre a biografía da homenaxeada, que gañou o equipo de Walid, Malena e Moraima.

O 15 de maio, desfrutamos dun recital-concerto en homenaxe a Luísa Villalta, puidemos escoitar poemas da autora da man de alumnado de 1º, 2º e 3º ESO, con música interpretada por Violeta Fraga Sal de 4º ESO B ó saxo e Carlos do ciclo DAM ó piano.Neste acto recitáronse partes das obras O oco da palabra, Música reservada, En concreto e Ruído.

Como peche, os presentadores reivindicaron a nosa lingua non só neste mes, senón os 365 días do ano.

GRADUACIÓN 2ºBACH

Un ano máis, o 15 de maio, alumnado e profesorado, reunímonos para o moi merecido acto de graduación de 2º BACH. Parabéns a tod@s e moita sorte!!

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmurallaromana/galeria/thumbnails.php?album=lastup

INTERCAMBIO CO IES DE CELANOVA (OURENSE)

Un ano máis o alumnado de 3° ESO visitou Celanova. Desta vez foi dunha forma moi especial: nun intercambio con estudantes dese mesmo curso do IES de Celanova.

En primeiro lugar, a través de intercambio de cartas e posteriormente, o día 15 de abril  xuntámonos polo centro de Lugo. Visitamos o Vello Cárcere, onde coñecemos todo o que aconteceu nesas paredes durante o Franquismo e o Centro de Artesanía e Deseño, que conta con exposicións sobre música medieval e olería tradicional galega.

O 6 de maio tocounos a nós viaxar ata a provincia de Ourense. Pasamos o día co alumnado do IES de Celanova, visitando lugares tan especiais como a Casa dos Poetas, casa natal de Curros Enriquez e o instituto, que forma parte do Mosterio de San Rosendo, e que conta cunha biblioteca histórica. No Mosteiro coñecemos o funcionamento do órgano grazas a Irma, a profesora de Música.

Como despedida,  recitamos en conxunto, con moito ímpeto, os poemas “Deitado frente ao mar” e “Poema nuclear” de Celso Emilio Ferreiro.

CHARLA INFORMÁTICA: "metodoloxía áxil Scrum"

O 13 de maio contamos coa presenza de Óscar Vidal de ElitSchool (Galsoft) que impartiu dúas charlas sobre a metodoloxía áxil Scrum ao alumnado dos ciclos superiores de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma e web. Estas charlas  resultaron moi instrutivas xa que ademais de repasar os conceptos teóricos de Scrum, fixemos unha simulación do desenvolvemento dunha aplicación con dúas iteraccións de Scrum xogando con pezas de Lego. Finalizamos a sesión comentando como é o traballo no día a día nunha empresa de desenvolvemento de software.

Acreditación das competencias dixitais do alumnado de 2ºFP BÁSICA e de 2º CICLOS MEDIOS

Logo ComDixPublicadas instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que titula en FP no presente curso, na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Resumo da información do proceso de acreditación

Anexo I - solicitude de participación nas probas (cubrir o anexo que está na páxina 7 deste pdf,  entregarase asinado na oficina antes do 22 de maio)

Competencias dixitais: https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43050

AVENTURA EN INGLÉS POLA PONTENOVA

 

O 13 de maio  os ciclos de 1º XEAD, 1º ADMFIN, 1ª ASIDIR e XEAD (A) desfrutaron dunha actividade programada polo Departamento de inglés á Pontenova, con explicacións en inglés, que lles  permitiu coñecer  vocabulario específico relacionado coa visita. A mañá resultou moi proveitosa, contemplando a exuberante natureza da Pontenova e os tesouros agochados do seu pasado mineiro, explorando a mina Consuelo (única de Galicia aberta para ser visitada), e descubrindo os seus peculiares espécimes e formacións naturais, os fornos para fundir o mineral e, como non, a " tirolina" máis longa de Galicia .

CHARLA PARA FAMILIAS: Prevención de adiccións tecnolóxicas e comportamentais

CHARLA: PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS TECNOLÓXICAS E COMPORTAMENTAIS

Dirixida a pais, nais, titores e titoras legais do alumnado da ESO.

Obxectivo: Informar e sensibilizar ás familias sobre o papel educador de cara á prevención de adiccións tecnolóxicas.

  • Lugar: Salón de Actos (IES Muralla Romana)
  • Día: Mércores, 22 de maio de 2024
  • Hora: 19:00 h

Ofrecida a través do programa +XTI (Concello de Lugo)

Distribuir contido


by Dr. Radut