Deixámosvos cos traballos que foron realizando para coñecer máis a este autor que sempre foi fiel ao seu idioma e á súa TERRA.
Alumnado de 2ºESO participou na elaboración deste vídeo que nos achega os datos máis significativos do autor e da súa obra. Grazas a Marta, a súa profesora de inglés e membro do equipo da biblioteca, pola coordinación.
O club de lectura realizou dous pasapalabras para seguir coñecendo o autor dun xeito lúdico e, agardamos, satisfactorio.
Animámosvos a que premades nos seguintes enlaces do seu blog para comezar a xogar.
Hoxe asistimos no salón de actos do centro á presentación dunha nova edición de #EnredandoCoGalego, actividade na que o alumnado amosará nas súas creacións literarias que a lingua galega "está para quedar".
Grazas a Anxo, Lois e Rubén por volver ao centro, e tamén a Leo Arremecaghona por facernos gozar da súa música e das letras das súas cancións.
O alumnado achegou a súa opinión sobre o conflito bélico que estamos vivindo e deixaron a súa postura rotunda para reivindicar a PAZ e dicir NON Á GUERRA!
Realizaron ilustracións, redactaron manifestos, escribiron cartas ao director, lembraron cancións que tiñan como única mensaxe A PAZ.
Con todo isto queren amosar que son o presente e que no futuro non consentirán vivir nun mundo no que o respecto non sexa a única bandeira.
No concerto de música en directo, interpretado por Fátima e Nuria(Entresóns), coñecemos anécdotas, citas e detalles curiosos das compositoras ao longo dos tempos, pero que non gozaron do recoñecemento merecido polo feito de ser MULLER.
Grazas Fátima e Nuria por facernos gozar duns momentos inesquecibles!
Esta actividade foi o colofón para lembrar oDÍA 8 DE MARZO, xa que dende había días o alumnado estivera traballando para insistir no importante que é conseguir a igualdade neste mundo. Podedes premer neste enlacepara ver os traballos realizados.
Como di o alumnado: "DEDICADO A TODAS AS MULLERES DO MUNDO"
O alumnado de 1ºESO e 2º ESO asistiu á representación teatral, Leonardo e os biosbardos, posta en escena pola compañía "A Xanela do Maxín". Baseada na obra de Blanco Amor, tratáronse temas como a superación dos medos, vencer as adversidades e plantarlle cara aos problemas.
O alumnado de 1ºESO e 2º ESO asistirá á representación teatral, Leonardo e os biosbardos, posta en escena pola compañía "A Xanela do Maxín". Baseada na obra de Blanco Amor, trataranse temas como a superación dos medos, vencer as adversidades e plantarlle cara aos problemas.
A xornalista Sara Carreira (coordinadora do Programa prensa-escuela de La Voz de Galicia) impartiu un obradoiro, no que lles achegou ao alumnado de 4ºESOA o camiño a seguir para a elaboración dunha reportaxe.