Skip to Content

CURSO DE SERVIZOS ESTÉTICOS, DEPILACIÓN E MAQUILLAXE

Rematado o prazo de inscrición!!!

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ESO E BACHARELATO PARA O CURSO 2024/2025

Información pública de admisión ESO-BAC, curso 24/25

Calendario do proceso de escolarización para o curso 24/25

(22/02/2024)  Publicación da listaxe definitiva do alumnado con posto reservado para 1º ESO:

TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU RESERVA ESTÁ ADMITIDO

* Para renunciar a un posto reservado será necesario presentar un escrito de renuncia no centro docente de adscrición coa data límite do día 28 de febreiro de 2024

AXUDASLE (Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras - BAC)

Logo AxudaslePublicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Aprázase a charla prevista para o martes 20 de febreiro


A charla para as familias sobre Prevención de adiccións tecnolóxicas e comportamentais, inicialmente prevista para o martes 20 de febreiro de 2024, ADÍASE ata novo aviso.

Desculpen as molestias.

LECER CICA NO ENTROIDO

O NOSO ENTROIDO

O mércores día 7 de febreiro Xosé Manuel Seixas realizou unha exposición e charla das máscaras de Entroido que elabora el mesmo. Este artesán de vocación, realiza máscaras en diferentes materiais como coiro, madeira, cartón, costura, la, papel ou metal, despois de investigar sobre cada Entroido, indo aos lugares de celebración e obtendo información de artesáns das diferentes zonas. Cada ano forma parte do Entroido de Santiago de Arriba en Chantada vestindo traxes cerimoniais como o Meco, o Volante, o Maragoto e, ademais, ten vestido outros traxes como o do Felo en Maceda.

Xosé Manuel tamén nos falou do proceso de elaboración de máscaras de Entroidos fóra de Galicia como o de Sardeña, en Italia.

A BIBLIOTECA BUSCA MASCOTA!

*Preme para consultar

ENTROIDO: CÓMIC & MANGA

AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO

A campaña da mocidade #aquítaménsefala enche os barrios do norte da cidade.

#aquítaménsefala é unha campaña de dinamización lingüística para a mocidade galega mediante a cal o alumnado de Secundaria e Bacharelato inflúe positivamente na promoción do galego en ámbitos como o comercio, o mundo empresarial, a administración e outras actividades económicas. O obxectivo é darlle visibilidade e uso á nosa lingua en todos os eidos, axudando á súa normalización. Velaquí os alumnos do IES Muralla Romana e IES Ánxel Fole colaborando na campaña.

Fotografías - IX Concurso "Lucus Intercentros"

* Preme na imaxe para ver todas as fotos (ligazón alternativa ao álbum)

Álbum: Actividades Curso 23/24 -> XI Concurso Lucus Intercentros - 2024
Distribuir contido


by Dr. Radut