Os alumnos de 3º e 4º da ESO gozaron este luns da obra de teatro "Move on" sendo unha das actividades que Afundación ofrece aos centros educativos galegos. Sen dúbida unha experiencia enriquecedora para todos eles.
O pasado 14 de decembro os alumnos de 3º da ESO realizaron unha visita ao Parlamento de Galicia para coñecer as súas instalacións e o seu funcionamento.
Os irmáns Erik e Sergi Quintela, representan o soño de calquera rapaz ou rapaza lucense afeccionado ó baloncesto: chegar a xogar co C.B. Breogán na máxima categoría do baloncesto español.
Na charla contáronlles aos alumnos tódolos sacrificios que tiveron que facer ata transformar o seu soño en realidade. Detrás de todos eses éxitos, hai unha palabra coa que se identifican ao cen por cen, TRABALLO.
Compoñentes do club de lectura, “Lecturas e andanzas”, realizaron a ruta “Arte literaria pola cidade de Lugo” acompañados/as do guía local, Guido. Achegáronse á literatura e á arte dun xeito lúdico para recompilar a información que precisa a súa nova andanza. Máis información
Os alumnos de 2º ADMFIN E 2º ASUADIR acudiron a unha visita guiada ó Centro de Empresas e Innovación CEI-NODUS do Concello de Lugo co fin de coñecer a actividade co centro leva a cabo no campo do emprendemento e da promoción económica da cidade.
O pasado venres 25 de novembro o alumnado da ESO participou nunha actividade cultural sobre Reino Unido, estereotìpos, símbolos... O relator Damián acercou ós nosos alumnos á cultura anglosaxoa.
Queremos tamén felicitalos polo seu comportamento e participación!
Sara Álvarez, judoka campeona de España 14 veces, é un bo exemplo de superación. Ante as adversidades nunca se deixou vencer pero, polo que puidera pasar, sempre tiña tamén un plan “B”.