Skip to Content

Actividades extraescolares

Actividades extraescolares

FOMOS AO TEATRO!!

O día 7 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de ESO, asistiu á representación teatral Belcebú, que é moito máis ca unha simple obra teatral… Resulta moi interesante que aborde o problema do acoso escolar desde a perspectiva tanto do acosado  coma do acosador, porque -como  nos acaban de amosar- ambos poden ser vítimas, e sen ter culpa ningunha. Pero, ademais pode ser moi útil, en tanto que ofrece consellos e estratexias para facer fronte ao acoso e axudar os implicados.

Se tedes ocasión de asistir a esta función non a desaproveitedes , e entenderedes moito mellor o emocionados que acabamos de saír da representación.

VISITA A EXPOURENSE

Visita realizada polo alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección o día 2/11/2023 a Expourense, con motivo da 24ª edición da Feira Internacional Xantar, na que puideron comprobar de xeito práctico a realización dun evento corporativo, presenza de stands, transmisión da imaxe corporativa das empresas, etc.

 

XOGOS NO MAGOSTO

O pasado martes 31 o alumnado de 1º de ESO desfrutou dunha entretida xornada   organizada polo Equipo de Convivencia, na que  participaron, coa axuda do profesorado, en varias actividades ao aire libre, xogos no pavillón e no patio, kahoots  do Samaín na biblioteca e para rematar, que mellor ca un MAGOSTO!!

 Preme nas imaxes!!

O SAMAÍN DO MURALLA ROMANA

O Muralla Romana converteuse nun lugar especialmente arrepiante estes días: arañas, esqueletes, bruxas, sartegos, contos de medo, música horripilante… encheron a biblioteca e os corredores. Todo grazas ao alumnado da ESO, que non se espanta con nada e ten unha enorme creatividade. Especial mención merecen os gañadores dos concursos de contos de terror e de “scary box”: Daniel Iglesias e Aitana Ron. Grazas a todos/as!

Se premes nas imaxes veralas mellor!!

O SAMAÍN DO MURALLA ROMANA

O Muralla Romana convertiuse nun lugar especialmente arrepiante estes días: arañas, esqueletes, bruxas, sartegos, contos de medo, música horripilante… encheron a biblioteca e os corredores. Todo grazas ao alumnado da ESO, que non se espanta con nada e ten unha enorme creatividade. Especial mención merecen os gañadores dos concursos de contos de terror e de “scary box”: Daniel Iglesias e Aitana Ron. Grazas a todos!

   
  Preme nas imaxes e veralas mellor 

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo da celebración do día das bibliotecas queremos compartir convosco unhas imaxes da nosa biblioteca. Coa colaboración do alumnado de ASIDIR, o equipo da biblioteca organizou unha actividade de formación de usuarios: o alumnado de 1º da ESO descubriu como funciona a biblioteca e os fondos e recursos que esta lle ofrece. Pero tamén queremos inculcar neles o amor polo libros e a lectura.

 

SAMAÍN II CONCURSO DE CONTOS DE TERROR

 

O SAMAÍN

ALUMNADO DE SEGUNDO CURSO DOS CICLOS SUPERIORES DE INFORMÁTICA VISITAN "GALICIA TIC"

 

 O xoves 19 de outubro, o alumnado de segundo curso dos ciclos superiores de informática asistiu ao evento "Galicia TIC" onde puideron darse a coñecer e falar persoalmente con diferentes empresas do sector da informática e as comunicacións. Despois asistiron as charlas impartidas por profesionais do sector.

VISITA AO ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL

Os alumnos/as de 2º CS ASISDIR realizaron unha visita guiada ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo, o día 19 de outubro, para coñecer as súas instalacións e fondos dos que dispoñen.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut