Skip to Content

Novas

BASES PARA PARTICIPAR NO CALENDARIO "O ANO DAS EMOCIÓNS"

Cartel concursoPoderá participar no concurso para elaborar o calendario do ano 2023 toda a comunidade educativa (preferentemente alumnado) do IES MURALLA ROMANA.

A temática do concurso será "O ANO DAS EMOCIÓNS". Non se publicarán nin aceptarán arquivos con contidos contrarios ao dereito á honra, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas, nin ningún outro que sexa contrario á legalidade vixente.

As fotografías ou ilustracións presentaranse en formato dixital. Deben ser arquivos preferiblemente JPG ou PNG e con boa resolución (calidade), en formato apaisado. O peso do arquivo non debe superar un máximo de 10 Megabytes (10MB). O nome do arquivo incluirá o curso, nome e primeiro apelido do autor/-a e a palabra elixida para a emoción que reflicte a fotografía/ilustración. Exemplo: 1ºESO_A_NomeApelido_agarimoso.jpg.

DISTINTIVO SELLO VIDA SALUDABLE

logoO centro educativo continúa co distintivo "SELLO DE VIDA SALUDABLE". 

"En cumplimiento de lo previsto en el artículo 7.2 de la Orden ECD/2475/2015, una vez revisados todos los centros adjudicatarios de 2016, y de acuerdo con la propuesta formulada por la comisión evaluadora, se ha resuelto mantener el derecho al uso del distintivo "SELLO VIDA SALUDABLE" a su centro." 

HORARIO BIBLIOTECA - Curso 22/23

 Consulta aquí o horario de apertura da biblioteca do instituto.

VIDEO 1º ASIMPE

Aquí está o vídeo realizado no final de curso no ciclo de ASIMPE coa colaboración de Rosana Lorenzo e as alumnas de 1ºESBE. 

 

ANIMÁDEVOS!!! 

OFERTA EDUCATIVA DE FP

 

RÉXIME ORDINARIO, GRAO PROFESIONAL BÁSICO

 CBIFC12 - Informática de oficina 18 prazas
 CBIMP11 - Peiteado e estética 18 prazas

 

RÉXIME ORDINARIO

 CMIMP01 - Estética e beleza 22 prazas
 CMIMP02 - Peiteado e cosmética capilar 22 prazas
 CMIFC01 - Sistemas microinformáticos e redes 30 prazas
 CMADG01 - Xestión administrativa 30 prazas


RÉXIME DAS PERSOAS ADULTAS NA MODALIDADE PRESENCIAL (OFERTA MODULAR)

 ZMIFC01 - Sistemas microinformáticos e redes
  Módulos autorizados:  
  MP0223 Aplicacións ofimáticas 240 horas 30 prazas
  MP0228 Aplicacións web 123 horas 30 prazas
  MP0229 Formación e orientación laboral 107 horas 30 prazas
  MP0227 Servizos en rede 157 horas 30 prazas
  MP0224 Sistemas operativos en rede 157 horas 30 prazas
ZMADG01 - Xestión administrativa
 Módulos autorizados:  
 MP0449 Formación e orientación laboral 107 horas 30 prazas
 MP0438 Operacións administrativas da compravenda 133 horas 30 prazas
 MP0448 Operacións auxiliares de xestión de tesouraría 160 horas 30 prazas
 MP0441 Técnica contable 133 horas 30 prazas
 MP0440 Tratamento informático da información 267 horas 30 prazas

 

RÉXIME ORDINARIO

CSIFC01 - Administración de sistemas informáticos en rede30 prazas
CSADG01 - Administración e finanzas30 prazas
CSIMP03 - Asesoría de imaxe persoal e corporativa30 prazas
CSADG02 - Asistencia á dirección30 prazas
CSIFC02 - Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma30 prazas
CSIMP01 - Estética integral e benestar22 prazas


RÉXIME DAS PERSOAS ADULTAS NA MODALIDADE PRESENCIAL (OFERTA MODULAR)

ZSIFC01 - Administración de sistemas informáticos en redeMódulos (horas/prazas)
ZSADG01 - Administración e finanzasMódulos (horas/prazas)
ZSIFC03 -  Desenvolvemento de aplicacións webMódulos (horas/prazas)


RÉXIME DAS PERSOAS ADULTAS NA MODALIDADE A DISTANCIA (OFERTA MODULAR)

ZSADG01 - Administración e finanzasMódulos (horas/prazas)

 

GRAO SUPERIOR

CSIFC51 - Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual  20 prazas

 


Lembre que a normativa prevalece sobre calquera outra información. Este páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.

BOLSA DE EMPREGO E PRÁCTICAS

acceso ao cartel

BOLSA DE EMPREGO

Bolsa empresas

Se busca traballadores/as para a súa empresa podemos enviarlle os currículos do noso alumnado titulado que mellor se adapte ás súas necesidades. 

A maioría dos/das titulados/as encaixan con: 

 

PRÁCTICAS EN EMPRESAS 

Pode colaborar connosco admitindo en prácticas non remuneradas o noso alumnado non titulado. 

Non desaproveite a oportunidade de ter persoal formado segundo as súas necesidades. 

Premendo nos enlaces terán toda a información:

1.- Modelo convenio de colaboración

2.- Modelo de plans formativos:

 As horas de prácticas son as seguintes: 

  • Ciclos de FPBásica 320 horas.
  • Ciclos de grao superior 384 horas.
  • Ciclos de grao medio 420 horas.

O alumnado

  • Ten un seguro de accidentes e responsabilidade civil. 
  • Está en situación legal como calquera outro tipo de traballador/a. 
  • Non percibe ningún salario da empresa.
  • Formouse durante dous cursos no centro educativo. 
  • Titulará na súa especialidade tras superar o período en prácticas. 

A empresa: 

  • Non ten que afrontar nin salario, nin Seguridade Social, nin gastos de xestión. 
  • Non ten compromiso de contratación futura. 

O centro educativo: 

  • Encárgase de todos os trámites de forma gratuíta. 
  • Está á súa disposición para calquera dúbida. 

Se é a primeira vez que colabora, necesitamos os seguintes datos para formalizar a súa colaboración. 

GRAZAS!

CALENDARIO DE PROBAS FINAIS DE MATERIAS PENDENTES DA ESO - MAIO - CURSO 2022-2023

Os exames de recuperación de materias pendentes de cursos anteriores levaranse a cabo os días 8, 9, 10, 11 e 12 de maio. Premer no seguinte enlace para consultar as datas e o lugar das probas: CALENDARIO

VIAXE DE ESTUDOS A BARCELONA

Os/as alumnos/as de 4ºESO e 1ºBAC realizan a súa viaxe de estudos a Barcelona dende o día 3 de abril ata o nove. 

Sabemos que están gozando das marabillas que lles achega esta cidade e que sacarán partido a todo o programa previsto.  

foto grupo

Este álbum irá actualizándose. 

FELIZ ESTANCIA!!!

 

VIDEOCONFERENCIA, BOLSAS DE ESTUDO FUAC

23/03/2022 18:00
23/03/2022 19:00

Relatora: Rosa Villar, fundación FUAC.

Día: mércores 23 de marzo.

Horario: 18:00h - 19:00h 

Destinatarios/as: alumnado de 2º curso de todas as familias profesionais. 

Organiza: departamento FCT. 

Enlace:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.phpMTID=m35f3701005f509c8238922ce41b7459a 

Contrasinal: pwVmRNYP743 

Distribuir contido


by Dr. Radut