Normativa que regula o réxime de permisos do persoal docente
Todos os permisos nos que o órgano competente para resolver é a dirección do centro requiren solicitude previa, agás os tramitados como Imprevistos.
Aquelas ausencias que non conten con solicitude e resolución favorable previa deberán xustificarse, de ser o caso, a través do Artigo 33. Imprevistos.
No caso do profesorado substituto e interino a duración dos permisos por Imprevistos e Asuntos persoais será proporcional ao tempo traballado.
Tramitación de permisos que precisan solicitude previa (*):
Presentarase previamente en dirección o Anexo V-a
, acompañado da xustificación documental que proceda.
Para a tramitación das solicitudes poderán utilizarse os medios telemáticos
que se establezan e os formularios que figuran na web do centro.
Tramitación de permisos Artigo 33. Imprevistos:
Cubrirase o Anexo V-b
e entregarase en xefatura de estudos.
Instrucións e impresos:
(*) Arquivo co procedemento e documentación establecida para cada un dos permisos previstos. 
Impreso para solicitude previa de Permisos (Anexo V-a) 
Impreso para Ausencias Imprevistas (Anexo V-b) 