Skip to Content

REGULACIÓN DAS AUSENCIAS COLECTIVAS


As faltas de asistencia colectivas a clase ou outras actividades obrigatorias que se produzan como consecuencia do exercicio do dereito á folga, a partir de terceiro curso de ESO, non serán consideradas condutas contrarias ás normas de convivencia sempre que se axusten ao seguinte: A proposta de falta a clase deberá ser aprobada inicialmente pola xunta de delegados do centro, ou estar convocada ou apoiada por asociacións, organizacións ou sindicatos de ensino.

 


Protocolo para a solicitude de falta de asistencia a clase por convocatorias de folgas, concentracións ou manifestacións


Os/as delegados/as dos grupos, a partir de 3º ESO, que decidan participar nunha folga, manifestación ou concentración colectiva de estudantes, presentarán un escrito dirixido á dirección do centro, onde expliquen os motivos da falta de asistencia a clase, a súa duración e o alumnado que vai participar.

O alumnado menor de idade que desexe participar na convocatoria, debe presentar en Xefatura de Estudos unha autorización expresa do seu pai/nai ou representante legal con 24 horas de antelación á data prevista.

O escrito de comunicación de cada grupo terase que presentar, como mínimo, con 48 horas de antelación á data prevista.

Aqueles/as estudantes que non manifesten o seu interese por participar na convocatoria terán garantido o desenvolvemento de actividades durante todos os períodos lectivos e seralles de aplicación o control de asistencia e a xustificación de faltas.

As faltas xeradas, pola participación colectiva en folgas, manifestacións ou concentracións, serán computadas a todos os efectos como xustificadas, naquelas convocatorias que se axusten a estas instrucións.

Na aplicación Xade rexistraranse as faltas de asistencia do alumnado como xustificadas ou non, segundo proceda.

As faltas colectivas a clase, sen mediar convocatoria xustificada delas, terá a consideración de conduta leve contraria á convivencia, o que implicará a aplicación da sanción ou medida correctora fixada no RRI.

Estas normas están recollidas nas NOF do centro


* Os documentos a cubrir, en caso de folga debidamente convocada, pódense solicitar en conserxería



page | by Dr. Radut