Skip to Content

Novas, avisos, premios

Exencións da FCT, SOAMENTE PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/2021

Segundo o artigo 6 da Resolución do 13 de novembro de 2020 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do período de formación en empresas nas ensinanzas de formación profesional, ensinanzas artísticas e ensinanzas deportivas, na situación excepcional actual de pandemia derivada da COVID-19. 

"O alumnado poderá solicitar a exención total ou parcial do módulo profesional de Formación en centros de traballo se acredita unha experiencia laboral mínima de seis meses, a tempo completo, relacionada cos correspondentes estudos profesionais."

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ESO

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, os/as interesados/as  poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos  no taboleiro de anuncios situado no interior deste centro educativo. 

Proximamente sairán publicadas as listaxes definitivas e informaremos dos días para a distribución das máscaras entre o alumnado. 

 

 

PLAN DE CONTINXENCIA

Para acceder ao texto do PLAN DE CONTIXENCIA, prema na seguinte ligazón. 

LIGAZÓN 

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL EN CENTROS PÚBLICOS E CONCERTADOS NO CURSO 2020/21

Achéganse as instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentres públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED33OE).

ALUMNADO DESTINATARIO: 

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial: 

a) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. 

b) TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: 

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións: 

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. 

FORMA DE PRESENTACIÓN: 

SOLICITUDES (só para alumnado non beneficiario da axuda de material escolar) 

  • Presentaranse de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado/a o/a alumno/a.

ANEXOS I,II para cumprimentar. Premer aquí para acceder.  

 (Prégase ás persoas interesadas consultar na orde a documentación complementaria que deberán achegar coa solicitude.) 

PRAZO DE PRESENTACIÓNS:  Do 16 ao 27 de novembro de 2020. 

 

TODA A INFORMACIÓN Á ORDE DO 6 DE NOVEMBRO DE 2020PREMENDO AQUÍ.

PROTOCOLO COVID-19 PARA O ALUMNADO

Para acceder ao protocolo COVID-19 para o alumnado, deberedes pinchar neste enlace. 

Ánimo e SENTIDIÑO.

HORARIO DE PRESENTACIÓNS CURSO 2020/2021

Presentacións: 23, 24 e 25 de setembro. 

MODELOS DE CARTELERÍA- COVID 19

A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional da Xunta de Galicia pon á disposición das comunidades educativas os seguintes modelos de cartelería co fin de axudar a lembrar as normas impostas polo COVID-19, que todos e todas temos que respectar para poder seguir facendo do centro de ensino, un lugar seguro. 

Co fin de que vaiades familiarizándovos coa súa información, achegámosvolas. NON ESQUEZADES QUE PINCHANDO EN CADA UNHA DELAS, PODEREDES ACCEDER A SÚA LECTURA DUN XEITO MÁIS CÓMODO.    

 

acceso

              información

información              información

información              información

 

Máis información no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31790

PROTOCOLO A SEGUIR PARA A REALIZACIÓN DOS EXAMES DA CONVOCATORIA DE SETEMBRO

PROTOCOLO A SEGUIR PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO. 

Deben consultar os seguintes documentos que achegamos para  poder manter as medidas de seguridade que esixe a pandemia que estamos padecendo. 

Texto protocolo. 

Enquisa autoavaliación. Obrigatorio a súa realización. 

 

 

DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO -SETEMBRO-

03/09/2020 11:00
03/09/2020 13:45

HORARIO DEVOLUCIÓN LIBROS DE TEXTO (FONDO LIBROS) -SETEMBRO-.

O alumnado que ten que presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro, debe devolver os libros de texto (FONDO LIBROS) o día 3 de setembro seguindo o horario que se achega neste enlace. 

Lémbrase que, se por calquera causa, non poden facelo nesa data, o derradeiro día da recollida será o 7 de setembro. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut