O Día da Ciencia en Galego no IES Laxeiro
No noso centro, o pasado luns 5 de novembro, o noso alumnado enfundou a bata branca e convertíronse en aunténticos científicos e divulgadores.
No mes de novembro, dende hai 8 anos, comezamos a celebrar o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida coma calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
Foi o que fixeron o luns pasado no noso centro unha parte do noso alumnado, fixeron experimentos científicos no Salón de Actos do centro. Arredor de trinta estudantes da ESO e de FP encrgáronse de levar a cabo os traballos, mentras que o resto da comunidade educativa tivo a ocasión de comprobar o seu desenvolvemento ao longo da xornada lectiva, con visitas nas que tamén puderon practicar algúns experimentos.
Uxía Rapado González e Julliana Silva de Amorín mostraron as aplicacións do Principio de Arquímedes, un dos dous científicos aos que IGACIENCIA (Instituto Galego de Ciencia) propuxo este ano para dedicarlle o Día da Ciencia en Galego; o outro é o Mestre Mateo, arquitecto do Pórtico da Gloria.
Adriana Pampín Diéguez, Íker Calvo Pérez e Sara Granja Sanmartín abordaron as deformacións da codia terrestre.
Roberto Gil, Javier Fernández González e Isabel Villar Iglesias fixeron deostracións do magnetismo con auga e bólas.
Das correntes de convección encargáronse Noa Calviño Lodeiro e Abigail González Carreto.
Da microscopía óptica, Fátima Jácome Iglesias e Clara Arias Fernández. A Expansión do fondo oceánico na dorsal foi cousa de Paula Gutiérrez, Lucía Fernández e Lorena González.
Laura Couto González, Francisco Blanco Lareu e Andrea Carballude exploraron ácidos e bases cun indicador natural.
Óliver Barriento e Andrés do Barro identificaron moléculas nos alimentos.
Ánxela Adán e Brais González Penela mostrarona formación de gases.
Lois Carral e Lucía Rodríguez Frade crearon unha "serpe negra" e Lucas Daparte, Alejandro Matanzas e Lucía Pereiro ensinaron o sistema de flotación dos submariños.
Foi unha xornada de batas blancas e experimentos moi interesantes.
Renovación parcial do Consello Escolar do IES Laxeiro Novembro 2018
De acordo coa Resolución do 25 de setembro de 2018, DOG do do 8 de outubro, as Direccións xerais de Recursos humanos e Formación Profesional e Innovación educativa da Consellaría de Educación establecen o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Por ese motivo desde a Dirección do centro comunícase que durante o mes de novembro vai ter lugar o proceso de renovación de membros do Consello Escolar do IES Laxeiro polo que nesta renovación se van elixir : tres membros do profesorado, dous membros so sector pais/nais e tres membros do sector do alumnado.
O día 5 de novembro vai ter lugar a constitución da Xunta Electoral, órgano que regulará todo o proceso de renovación e que estará formado polo Director do centro, e representantes dos diferentes sectores da Comunidade e que foron elixidos por sorteo celebrado o pasado día 25 de outubro. . Na súa 1ª convocatoria aprobará o calendario do proceso e publicará os correspondentes censos dos diferentes sectores que participen no citado proceso de renovación.
Os listados dos censos estarán expostos no taboleiro do centro
A partires dese día iranse publicando neste mesmo canle as diferentes publicacións que nas diferentes reunións da Xunta Electoral se decidan.
Lexislación: Decreto 324 de 1996 ROC
Constitución da Xunta Electoral
Calendario de eleccións ao Consello Escolar
Información para o profesorado
Candidatura de profesorado(Impreso)
Candidatura de pais/nais(Impreso)
Candidatura de alumnado(Impreso)
Constitución do novo Consello Escolar do IES Laxeiro
O noso centro foi seleccionado para participar na Semana STEM
Teremos un grupo de 25 alumn@s de 1º ESO de Campamento "Científico-Tecnolóxico-Enxeñería-Matemático" na semana do 2 ao 8 de decembro deste ano.
Serán 13 nenas e 12 nenos que terán a oportunidade de participar nun escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o seu interese por saber, cada vez mais, sobre os diversos campos da Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas - STEM.
Esta actividade está organizada baixo a acción de Estratexia Galega de Educación Dixital (EduDixital2020) nas instalacións do Centro Vermislab.
O IES Laxeiro rende homenaxe o día 1 de outubro a Marisol Soengas, unha das investigadoras máis prestixiosas do mundo na loita contra o cancro de mama
Marisol Soengas González, Agolada (Pontevedra) 1968, doutorouse en Bioquímica e Bioloxía Molecular na Universidade Autónoma de Madrid en 1996. Posteriormente, iniciou unha etapa de investigación en EE UU, no Cold Spring Harbor Laboratory de Nova York e na Universidade de Michigan. En 2008, regresa a España ao Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), onde dirixe o Grupo de Melanoma, o mesmo que en 2009 identificou un composto sintético capaz de desencadear a destrución masiva das células deste cancro de pel, achado que mereceu a portada da prestixiosa revista científica Cell, e descubriu 40 xenes específicos do melanoma en 2014. É unha das investigadoras máis prestixiosas do mundo na loita contra o melanoma, o cancro de pel máis común e tamén o máis letal. Formouse xunto á histórica científica Margarita Salas e o seu exemplo serviulle para que sempre considerase natural que unha muller ocupase cargos de responsabilidade na ciencia. Toda unha honra para a comunidade do IES Laxeiro contar coa súa presenza entre nós e poder adicarlle un espazo do noso instituto
Entrevistas á Marisol Soengas
|
![]() |
Admisión FP Básica 2018-2019 no IES Laxeiro
Desde o 1 de setembro ata as 13:00 horas do día 11 está aberto o prazo de admisión para cursar FP Básica . Nos arquivos adxuntos aparece toda a ionformación relativa a este proceso .
- Instrucións para o proceso de admisión
- Oferta de prazas para o curso 2018-2019
- Calendario do proceso de admisión
- Comunicación de incorporación
- Relación de admitidos
Relación de Libros de texto para o curso 18-19 no IES Laxeiro
Nos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 2018-2019. Calquer dúbida consulten na secretaría do centro.
-Relación de Libros Bacharelato
Calendario de exames de setembro 2018
Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2017-2018 no IES Laxeiro
Calendario de exames da ESO e FP Básica
Admisión a Ciclos Medios e Superiores para o curso 2018-2019
Desde o luns, día 25 de xuño, ata o martes , día 3 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores para o curso 2018-2019. A Orde que regula este proceso de admisión é a do 15 de xuño de 2016 (DOG do 27 de xuño). Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 27 de xuño ata o 7 de outubro.
Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde tendes os seguintes arquivos:
Oferta de ciclos e prazas asignadas no IES Laxeiro curso 2018-2019
Anexo I Impreso solicitude admisión(só para 2º curso)
Anexo II Impreso solicitude para FCT/Proxecto para adultos ou módulos liberados
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
