3º E.S.O.
Intercambio co Auguste Viktoria Schule de Itzehoe (Alemaña)
Un grupo de dezaseis estudantes de 3º de ESO participa no intercambio co Auguste Viktoria Schule (AVS), situado na localidade alemá de Itzehoe, no estado federado de Schleswig-Holstein. Esta pequena cidade duns 30.000 habitantes atópase a 50 km de Hamburgo e acolle aos estudantes dezaos do 2 ao 9 de marzo. Alí conviven coas familias e asisten a clase no Gymnasium AVS, o equivalente aos nosos institutos pero que só acolle estudantes que optan á universidade ou outros estudos superiores. A escola conta coa materia de español como optativa e son estes estudantes acollen aos do Laxeiro. Esta experiencia educativa permite a inmersión na cultura e vida diaria das familias alemás pois conviven con elas e asisten ás clases cos seus anfitrións. O programa tamén contempla actividades culturais e deportivas e a visita á cidade de Hamburgo. O alumnado da Auguste Viktoria Schule (AVS) estará no IES Laxeiro do 11 ao 17 de maio.
VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA
O 30 de xaneiro as alumnas e alumnos de 3º da ESO do IES Laxeiro participaron na visita á sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia permitiulles achegarse á institución e ver “in situ” as actividades que se levan a cabo nesta institución.
A través dunha visita guiada foron coñecendo os diferentes espazos que conforman o Parlamento galego, coñecer o funcionamento dos órganos de goberno, as función, e visitar as distintas dependencias dos grupos parlamentarios, ademais de ver as diversas coleccións artísticas e bibliográficas coas que conta o Parlamento.
Ademais, puideron poñer en práctica a actividade iniciada na aula de: creación de grupos parlamentarios e iniciativas político-cidadáns. Os/as vocais de cada grupo parlamentario puderon subir á tribuna do Salón de Plenos, defender as súas propostas que foron sometidas a votación dos compañeiros e compañeiras que ocupaban as cadeiras do hemiciclo.
Para ver mais Fotos da nosa visita, fai click -> FOTOS
VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA
O 30 de xaneiro as alumnas e alumnos de 3º da ESO do IES Laxeiro participaron na visita á sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia permitiulles achegarse á institución e ver “in situ” as actividades que se levan a cabo nesta institución.
A través dunha visita guiada foron coñecendo os diferentes espazos que conforman o Parlamento galego, coñecer o funcionamento dos órganos de goberno, as función, e visitar as distintas dependencias dos grupos parlamentarios, ademais de ver as diversas coleccións artísticas e bibliográficas coas que conta o Parlamento.
Ademais, puideron poñer en práctica a actividade iniciada na aula de: creación de grupos parlamentarios e iniciativas político-cidadáns. Os/as vocais de cada grupo parlamentario puderon subir á tribuna do Salón de Plenos, defender as súas propostas que foron sometidas a votación dos compañeiros e compañeiras que ocupaban as cadeiras do hemiciclo.
O IES Laxeiro participa no XOGADE (deporte en idade escolar): campo a través en Silleda
Este mércores 4 celebrouse no recinto ferial da semana verde de Silleda unha nova edición do “Cross escolar”, actividade programada dentro do XOGADE que é o plan de deporte en idade escolar da Xunta de Galicia.
74 alumnos/as do IES Laxeiro de 1º, 2º e 3º da ESO tomaron parte nunha competición na que tiveron que facer un percorrido que rondaba 1 km de lonxitude, nunha mañá fría e solleira que permitiu desfrutar ao alumnado dunha xornada de actividade física ao aire libre.
Salientar o bo comportamento de todos/as participantes, rematando con esforzo as súas probas e con resultados meritorios, con especial mención a Ihcene Bouchaila, que rematou en 2º posto na categoría infantil feminina e Jacobo Guerreiro que foi terceiro na cadete masculina.
Parabens a todos e un agradecemento especial ao profesorado que colaborou co departamento de EF (Sara e Mónica).
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Para ver as fotos debes identificarte coa túa conta @ieslaxeiro.com
Deporte escolar: campionato de bádminton n'A Estrada
Este martes 14 de maio celebrouse n'A Estrada a fase zonal da modalidade de Bádminton, correspondente as competicións do programa Deporte Escolar, organizada pola Xunta de Galicia. Alumnado de Silleda, A Estrada, Moraña e Lalín participaron nas categorías infantil e cadete masculino e feminino. 22 alumnas e alumnos do IES Laxeiro acudiron acompañados polo profesorado de EF, gozando dunha xornada deportiva con moi bo ambiente, na que fixeron labores de arbitraxe e de competidores. Parabens a todos e todas polo voso esforzo e comportamento.
Visita do centro londiniense Vicente Cañada Blanch
O pasado venres 10 de maio o IES Laxeiro recibiu a visita de tres docentes e 28 estudantes de galego do IE Cañada Blanch de Londres que percorreron Galicia en viaxe de estudos. Son algo máis dun terzo dos 75 alumnos e alumnas que estudan o galego no centro educativo londiniense grazas ao convenio asinado, no ano 1991, entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Cultura e Turismo, e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Ao igual que en anos anteriores, os alumnos e alumnas que estudan o galego no IE Cañada Blanch de Londres, da man da profesora Begoña González, chegaron á nosa comunidade para realizar a que denominan Viaxe da lingua, unha actividade que ten o obxectivo de perfeccionar o idioma propio de Galicia e a súa cultura.
Con este fin participaron nunha xornada de intercambio lingüístico e cultural co alumando das seccións bilingües de 3º de ESO do Laxeiro. O programa incluíu unha visita ao Castro Tecnolóxico e casa do concello, da man da concelleira de cultura Lara Peña, e a recepción por parte do alcalde Rafael Cuiñada vila pontevedresa; coñeceron ademais Castrodeza (Centro de interpretación da cultura castrexa), o Museo Etnográfico Casa do Patrón e participaron nun obradoiro de elaboración de pan. O día rematou nas Termas de Outariz, en Ourense.
Nesta viaxe da lingua coñeceron a praia das Catedrais, a cidade de Lugo coa súa muralla romana, a casa de Rosalía de Castro en Padrón e A Coruña, onde visitaron a Domus. O completo programa de actividades dos estudantes do centro londiniense complementouse co percorrido pola capital de Galicia onde tiveron a oportunidade de asistir a un partido do equipo de baloncesto Obradoiro e gozar da gastronomía galega.
Blog Galego en Londres
Facebook Galego en Londres
Difusión da reunión en Langogne - Francia
O alumnado participante na actividade transnacional de aprendizaxe, ensino e aprendizaxe celebrada en Langogne (Francia), no marco do proxecto Tunnel of Time,difundiron o traballo e experiencias vividas no programa ao compañeiros-as de 4º e 1º de ESO. Aproveitamos tamén para dar a coñecer os programas que levamos a cabo en FP.
TORNEO DE BÁDMINTON IES LAXEIRO 2019
Calendario do torneo de bádminton |
|||||||||
Clasificación individuais 1º - 2º ESO |
Grupos |
||||||||
Clasificación individuais 3º - 4º ESO_1º BAC |
|||||||||
Clasificación dobres |
Image by nwrsdesign on Pixabay |
Para acceder aos documentos debes entrar coa túa conta de @ieslaxeiro.com
Visita á Sede do Parlamento de Galicia
O 7 de febreiro as alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES Laxeiro participaron nunha visita á sede do Parlamento de Galicia, sita no Pazo do Hórreo, en Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo Departamento de Ciencias Sociais permitiulles achegarse e coñecer esta entidade, que representa o pobo de Galicia e constitúe a primeira das institucións da nosa Comunidade Autónoma.
Alí aprenderon as funcións do Parlamento, coñeceron os principais órganos e procedementos lexislativos e de control, visitaron as diversas dependencias nas que desenvolven o seu traballo as deputadas e deputados, e mesmo practicaron as labores parlamentariasocupando os asentos do Salón de Plenos, debatendo propostas e facendo intervencións no hemiciclo ante os compañeiros.
Ademais gozaron dos espazos que ofrece o impresionante edificio e da ampla colección de arte galega contemporánea exposta nas diversas dependencias, onde debemos destacar a vidreira de Laxeiro que ilumina a entrada pola que dá inicio a visita.
Visita Virtual do Parlamento de Galicia
Fai Click Aquí para ver mais fotos...
Estadía en Langogne (Francia) de alumnado do IES Laxeiro
Do 7 ao 13 de febreiro unha delegación do IES Laxeiro atópase visitando a localidade francesa de Langogne, no departamento de Lozère, onde se atopa o Collège Marthe Dupeyron, a escola de acollida. Esta vila, medieval duns 3200 habitantes, constitúe a porta nordeste da rexión Languedoc-Rosellón. Esta visita enmárcase no proxecto Erasmus+ “Tunnel of Time”, cofinanciado pola Comisión Europea, no que o noso instituto participa xunto con centros de Finlandia, Turquía e Francia. Tras unha primeira presentación á comunidade escolar, a delegación internacional foi recibida polo alcalde do comuna, o equivalente ao noso concello.
No intercambio participan seis estudantes de 4º de ESO e os profesores Loli F. Villanueva e Xosé M. García. Ademais de convivir coas familias anfitrioas e integrarse na vida escolar do centro de acollida, comparten os resultados das actividades relacionadas co proxecto. Nesta ocasión 30 estudantes dos países socios poñen en común unha visión interxeracional sobre a vida laboral de avós, pais e responsables de negocios ou empresas, a través de entrevistas a estes colectivos nos diferentes países. Así, dentro das visitas do programa, inclúese a visita á residencia de anciáns da pequena localidade occitana e a unha das escolas de Educación Infantil. A anterior reunión tivo lugar en maio pasado en Lalin e a temática versou sobre a perspectiva de xénero en diferentes grupos de idade, desde preescolar a avós.
A historia e cultura da área que acolle aos estudantes tamén forman parte do programa, incluíndo varias visitas como a da cidade próxima de Le Puy-en-Velay onde comeza unha das grandes vías francesas de peregrinación a Compostela, a que pasaba por Conques en dirección a Roncesvalles.
A experiencia está a resultar altamente enriquecedora desde o punto de vista da interculturalidade, da aprendizase de linguas e das habilidades de vida.
![]() |
