Axenda 21, Información xeral, Integrantes e grupos , Actividades, Recursos

Axenda 21 escolar Galega

 

"A Axenda 21 Escolar permite ao alumnado analizar e comprender a problemática medioambiental do seu entorno e prepararse para o exercicio cidadán responsable en pro dunha sociedade máis xusta e ecolóxicamente sostible"

 

É un compromiso da comunidade educativa para traballar pola calidade ambiental e social do centro educativo.

Implica interese polo descubrimento do entorno, desexo de transformación do inxusto e gañas de traballar e comprometerse polo presente e futuro de todos.

 

Ten tres compoñentes básicos:

- Sostibilidade ambiental do centro educativo e do entorno

- Innovación curricular

- Participación da comunidade

 

Os obxectivos e as actividades do Comité Ambiental pretenden:

  • Habituar ao alumnado a participar, cooperar, tomar decisións e implicarse nos asuntos que afectan á calidade ambiental do seu entorno.
  • Facer do centro educativo un exemplo de práctica responsable e respetuosa entre os seus membros e co medio ambiente.
  • Reforzar os mecanismos de convivencia entre todos os axentes da comunidade educativa.
  • Adecuar o currículo para dar resposta ás esixencias que comporta o desenrolo sostible.
  • Formar nos aspectos centíficos e desenvolver destrezas no manexo de medios de comunicación.
  • Incentivar ao debate para concienciar acerca da importancia d planificar a evolución do noso centro cara un desenvolvemento sostible
Ninguén asegura que a transformación do modelo de desenvolvemento actual, noutro que satisfaga as necesidades das nosas e das futuras xeracións dende o respecto e o coidado, sexa un compromiso doado de acadar pero dende logo a comunidade do IES Laxeiro quere intentalo.

Probas Libres ACCESO a Ciclos: Proceso de ADMISIÓN E MATRÍCULA 2023-2024

19/04/2023 10:18
Europe/Madrid

 

CALENDARIO DE ADMISIÓN PARA AS PROBAS LIBRES PARA OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DE TÉCNICO E DE TÉCNICO SUPERIOR DE CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

 

Período ordinario de admisión

Presentación de solicitudes

17 de abril ás 9:00 horas ata o 28 de abril ás 13:00 horas

Listaxe provisional de solicitudes

3 de maio

Reclamación contra a listaxe provisional

3 de maio ás 9:00 horas ata o 5 de maio ás 13:00 horas

 

Listaxe definitiva de solicitudes

 

10 de maio

Admisión e matrícula

Listaxe de persoas adxudicadas

10 de maio

Matriculación

10 de maio ás 9:00 horas ata o 19 de maio ás 13:00 horas

Liberados e adxudicación continuada

23 de maio ás 9:00horas ata o 31 de maio ás 13:00horas

 

Para  máis información:  http://www.edu.xunta.gal/fp

 

2º CSAF: MASTERCLASS DE "MOVEMENTOS OLÍMPICOS" CON CARLOS FERNÁNDEZ (XIMNASIO Ferro´S)

13/12/2022 08:35
Europe/Madrid

O alumnado de 2º curso do CSAF realizou a pasada semana unha actividade complementaria con Carlos Fernández, técnico do Ximnasio      Ferro´S de Lalín. A formación centrouse no desenvolvemento de progresións para a aprendizaxe dos "movementos olímpicos", exercicios especificos para o adestramento de forza con pesos libres.  A actividade desenvolveuse en 3 horas lectivas na aula de prácticas do CSAF no Lalín Arena, dentro da programación do módulo "Fitness en sala de adestramento polivalente".  

Sorteo da cesta do Nadal 2019 no IES Laxeiro

Efectuado o sorteo das rifas da cesta de nadal 2019, comunicamos que o número agraciado co premio foi o seguinte

 

                                                                               4777

Unha nova promoción no camiño

31/05/2017 12:51
Europe/Madrid

O 20 de maio pasado despedimos a unha nova promoción de bacharelato. Foi unha tarde para a lembranza. Tamén para animalos a seguir traballando nos seus soños e parabenizalos polo bo traballo feito durante a súa andaina no centro.

Esforzo e superación

Tres alumnos del IES Laxeiro, de Lalín, figuran entre los veinte premiados por la Xunta en toda Galicia por su especial esfuerzo y superación en los estudios de ESO durante el curso pasado. Francisco Rodríguez, Miguel da Cunha Pedreira y María Iglesias reciben 750 euros y un diploma acreditativo. Los dos primeros lo recogieron ayer de manos del conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, y acompañados por el director del instituto, Uxío Grande, y familiares, mientras que en nombre de la tercera acudió una hermana. 
Estos premios corresponden a alumnos que merecen un especial reconocimiento por la dedicación y esfuerzo demostrado a lo largo de la ESO en superar sus dificultades, bien de tipo personal, educativas o del entorno familiar y sociocultural. Otros veinte alumnos recibieron premios al rendimiento académico (Noticia do Faro de Vigo).
Toda a información encontrádela no seguinte enlace
 

Renovación parcial Consello Escolar 2016

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Segundo a resolución do 26 de setembro do 2016 (DOG 4 de outubro), pola que se establece o calendario para a celebración de elección de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, iníciase o proceso co seguinte calendario:

VENRES, 28 DE OUTUBRO :

Publicación dos censos electorais

MÉRCORES, 02 DE NOVEMBRO:

Sorteo público no SALÓN DE ACTOS, no 2º recreo (12.35 horas) para a composición da Xunta Electoral (2).

 NOTAS INFORMATIVAS:

(1)- Artigo 40 do Decreto 324/1996 do 26 de Xullo (DOG 9 Agosto) e o punto 1 da disposición adicional terceira do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG  26 de xaneiro) “... dous anos despois, substituiranse os membros non expresados na renovación parcial anterior, neste caso: cinco profesores/as (unha praza de substitución), catro alumnos/as( dúas prazas de substitución) e dous pais ou nais de alumnos/as matriculados/as no centro. (unha de substitución e un/ha representante ANPA), un representante do Persoal de Administración e Servizos.

(2)- A Xunta Electoral, encargada de organizar o procedemento de elección, está formada polo Director do centro, un profesor/a, un pai/nai, un/ha alumno/a e un/ha representante do persoal non docente.

Comunicación aos/ás pais/nais de alumnos/as

Calendario do proceso electoral

Información profesorado

Información alumnado

Información Pais/Nais

Información PAS

Candidatura profesorado

Candidatura alumnado

Candidatura pais/nais

Candidatura PAS

 

Becas para estudos postobrigatorios, bacharelato, ciclos e FP Básica.

Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar becas de axuda para estudos de bacharelato, ciclos e FP Básica segundo a Resolución do 30 de xullo publicada no BOE con data de 6 de agosto.

A solicitude  deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento no enderezo https://sede.educacion.gob.es/portada.html  no apartado correspondente a «Trámites y Servicios» ou no enderezo electrónico www.mecd.gob.es

No arquivo adxunto, os interesados poden obter toda a información para a súa solicitude

Resolución do 30 de xullo  por la que se convocan becas de carácter xeral para o curso académico 2015-2016, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

Calendario de exames de setembro 2015 no IES Laxeiro de Lalín

Publícase o calendario de exames de setembro correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2014-2015 no IES Laxeiro.

- Calendario da ESO

- Calendario de Bacharelato

 

Distribuir contido