Novas
Comezo do Curso
COMEZO DE CURSO
Temos a previsión de comezar o día 23, 24 e 25 de setembro cunhas xornadas de adaptación COVID. Serán tres días nos que o alumnado virá unhas horas de forma escalonada por cursos para familiarizalo coas novas medidas da COVID que rexirán todo o curso no noso centro.
- Día 23 de setembro: 1º e 2º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio de X.Administrativa, Electromecánica e Electricidade, 1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas e Mecatrónica
-
Día 24 de setembro: 3º ESO, 2º Bacharelato, 2º Ciclo Medio de X.Administrativa, Electromecánica e Electricidade, 2º Ciclo Superior de Administración e Finanzas e Mecatrónica
-
Día 25 de setembro: 4ºESO e 1º e 2º de Formación Profesional Básica
Horario das Presentacións:
23 DE SETEMBRO |
24 DE SETEMBRO |
25 DE SETEMBRO
|
|
11.00H-12.00H |
1º BACHARELATO |
2º BACHARELATO |
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA |
12.00H-13.00H |
1º CURSO CICLOS FORMATIVOS |
2º CURSO CICLOS FORMATIVOS |
|
13.00H-14.30H |
1º e 2º ESO |
3º ESO |
4º ESO
|
► O alumnado da ESO terá transporte escolar ás 14.30h para regresar ao seu domicilio.
► As clases para todo o alumnado do centro empezarán o luns 28 de setembro.
Proxecto TI© EMPRENDES
Temos Información relativa ao proxecto TI© EMPRENDES da Deputación de Pontevedra, cofinanciado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo (axudas EMP-POEJ) e a Deputación de Pontevedra.
A datas previstas para empezar son a partir de setembro de 2020.
Desde o proxecto TI© EMPRENDES ofrécese:
– 11 itinerarios formativos de 125 horas de duración (100h. de formación específica e 25 de emprendemento): Formación específica (eminentemente práctica) en sectores co maior crecemento e demanda nos últimos anos como tecnoloxías da información e comunicación, turismo, lecer, deportes e restauración
– Formación en autoemprego e/ou creación de empresas
Restablecemento do procedemento de admisión alumnado curso 2020-2021
Reanúdase o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes con fondos públicos , polo tempo que restaba, de xeito que se iniciará o luns. día 11 de maio e rematará o día 18 do mesmo mes. O calendario do proceso pódese consultar no arquivo adxunto
Por motivos de seguridade e prevención de riscos da pandemia establecerase un protocolo baseado nas normas que aconsellan as autoridades sanitarias e as propias da Consellería de Educación.
Protocolo de atención ao público (Recomendaciós sanitarias)
1.- Procurar chamar ao centro con anterioridade para fixar unha hora de atención aproximada.
Para entrar avisar desde o videoporteiro que está a carón da porta de entrada ao centro.
2.- Manter as distancias tal como están sinaladas no recinto de secretaría
3.- Acudir ao centro só unha persona e sen a presencia de nenos/as
4.- Vir coa documentación preparada e fotocopiada
5.- Acudir con mascariila preferentemente.
6.- A entrada da zona de secretaría, haberá xel de mans para limpiarse.
7.- O horario de atención ao público será de 10:00h a 13:00h.
8.- Recórdase que todo este proceso tamén se pode realizar telemáticamente a través da seguinte dirección:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA
O 30 de xaneiro as alumnas e alumnos de 3º da ESO do IES Laxeiro participaron na visita á sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia permitiulles achegarse á institución e ver “in situ” as actividades que se levan a cabo nesta institución.
A través dunha visita guiada foron coñecendo os diferentes espazos que conforman o Parlamento galego, coñecer o funcionamento dos órganos de goberno, as función, e visitar as distintas dependencias dos grupos parlamentarios, ademais de ver as diversas coleccións artísticas e bibliográficas coas que conta o Parlamento.
Ademais, puideron poñer en práctica a actividade iniciada na aula de: creación de grupos parlamentarios e iniciativas político-cidadáns. Os/as vocais de cada grupo parlamentario puderon subir á tribuna do Salón de Plenos, defender as súas propostas que foron sometidas a votación dos compañeiros e compañeiras que ocupaban as cadeiras do hemiciclo.
Para ver mais Fotos da nosa visita, fai click -> FOTOS
VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA
O 30 de xaneiro as alumnas e alumnos de 3º da ESO do IES Laxeiro participaron na visita á sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia permitiulles achegarse á institución e ver “in situ” as actividades que se levan a cabo nesta institución.
A través dunha visita guiada foron coñecendo os diferentes espazos que conforman o Parlamento galego, coñecer o funcionamento dos órganos de goberno, as función, e visitar as distintas dependencias dos grupos parlamentarios, ademais de ver as diversas coleccións artísticas e bibliográficas coas que conta o Parlamento.
Ademais, puideron poñer en práctica a actividade iniciada na aula de: creación de grupos parlamentarios e iniciativas político-cidadáns. Os/as vocais de cada grupo parlamentario puderon subir á tribuna do Salón de Plenos, defender as súas propostas que foron sometidas a votación dos compañeiros e compañeiras que ocupaban as cadeiras do hemiciclo.
Educación STEM para o alumnado do Laxeiro.
Un grupo de alumnos e alumnas do IES participaron na semana STEM do 24 ao 30 de novembro. Un campamento de innovación educativa deseñado para espertar o interese na Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, a través de actividades cun enfoque eminentemente Maker (aprender facendo).
Makey Makey, Microbit, Robótica, Xogos Matemáticos, Efecto invernadoiro ou Pegada ecolóxica, son algunhas das actividades realizadas polo noso alumnado e que abrangen as áreas inluídas no acrónimo STEM. Un acercamento interdisciplinar ao aprendizaxe que desenvolve habilidades como a investigación, o pensamento crítico, a solución de problemas, a creatividade, a comunicación e a colaboración.
Ver mais Fotos - >Fai Click sobre a imaxe...
ou ben en https://drive.google.com/open?id=1w6ql4g-231gkl9VTqdhzO8IGDaRZ2K2I
Calendario FIN DE CURSO 2018-2019
Ø DÍA 21 DE XUÑO: Remate de clases
Ø DÍA 21 e 24 DE XUÑO: Avaliacións
Ø DÍA 24 DE XUÑO: Entrega de notas : Adultos (20:00-20:30 horas)
Ø DÍA 25 DE XUÑO: Entrega cualificacións de
ESO, Bacharelato, CICLOS e FP Básica
(10:00 a 11:00 horas) - Non haberá transporte escolar
Ø DÍAS 25, 26 DE XUÑO: Reclamacións ás cualificacións en
ESO, BACH. CICLOS , Adultos e FP Básica
Ø DÍAS 27 e 28 de xuño: Memorias-Informes-Claustro
Nova Dotación para o Ciclo Superior de Mecatrónica, un ROBOT INDUSTRIAL de ABB!
Neste curso 2018-2019, o noso centro centro IES Laxeiro, recibiu un Equipamento Didáctico por parte da Empresa ABB (Asea Brown Boveri, SA) dun Robot Industrial modelo IRB120, con controlador IRC5C de 2ª generación, con Estación de Traballo, con soportes e software RobotStudio e RobotWare.
Na semana pasada (05 ao 09 novembro) rematou o curso de formación inicial de 20 horas para a posta en marcha do Robot Industrial ABB modelo IRB120. Permitiu ter unha visión xeral do Robot e do seu Controlador IRC5C, coñecer as Normas de Seguridade, os distintos Sistemas de Coordenadas, as distintas ferramentas e útiles que se poden empregar, executar programas básicos, saber verificar a posición de calibración, realizar copias de seguridade... e por suposto da necesidade de crear un Grupo de Traballo para profundizar e avanzar no seu emprego didáctico.
O valor económico de esta nova dotación ten un precio de mercado sobre os 20.000 euros no ámbito industrial. Esta é unha iniciativa que reforza o Ciclo Superior de Formación Profesional de Mecatrónica do noso centro. Un módulo mais de formación sobre maquinaria e instalacións industriais.
É e será unha nova proxección cara o futuro de formación para o noso alumnado.
Temos un vídeo demostrando os seus primeiros pasos e outro vendo a simulación!
