Galego

Profesorado Galego


Nome e Apelidos Cargo / Titoría
   
Manuel Busto Galego

Titor 2º C

María Pilar López Martínez Titora 1º FP bÁSICA
Xavier Gallego Fernández Xefe de Departamento
Mª Gracia Santorum López Encargada da Biblioteca
Xavier Quiroga Díaz Titor 1º Bacharelato B
Ester González Martínez  


Programación e contidos mínimos 2018-2019

Nas ligazóns que seguen pódese descargar a programación do departamento cos criterios de avaliación para o curso 2018/19.

"Manequin Challenge" polo Día de Rosalía

#RosaliaTe no IES Laxeiro     #24defebreiro     #sempreRosalía

Un ano máis, dende a biblioteca do IES Laxeiro quixemos colaborar coa iniciativa da AELG conmemorando o Día de Rosalía; propuñan realizar un "Manequin Challenge" que representase un dos seus poemas. Nós escollemos "A xustiza pola man" e este é o resultado:

 

Semana das Letras

A nosa semana das Letras comezou en realidade moito antes, cando algúns libros de galego comezaron a formar un ceo de Letras no vestíbulo de acceso á biblioteca; asemade, a face da Manuel María presidiu este mesmo espazo nunha escultura con libros que se fixo realidade grazas ao Dpto. de Plástica e ao seu alumnado. Logo, o luns 16 de maio, o que parecía algo bastante improbable materializouse nunha cadea humana que percorreu toda a vila unindo os dous centros de ensino secundario nun desexo común, a defensa da nosa Lingua e da nosa LIteratura, simbolizada nun intercambio de agasallo de dous libros para cada centro: cómic, investigación, música e poesía, e divulgación científica. O martes, propio Día das Letras galegas, o noso Club de Lectura foi quen lle deu vida á obra de Manuel María no Museo de Lalín.

As actividades non remataron aquí; o xoves 19 acudimos á Praza de Abastos para pór en valor os produtos galegos na nosa Lingua aportando 3 grandes cartaces deseñados polo alumnado para que permanezan alí todo o ano, e para escoitar a Miro Casabella, cantautor defensor da nosa Cultura.

Presentación da novela “Izan o da saca” de Xabier Quiroga

Portada Libro "Izan o da saca"

Mércores, 16 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do IES Laxeiro, rúa Bos Aires, 71, de Lalín, terá lugar a presentación da novela "Izan o da saca" do noso benquerido compañeiro Xabier Quiroga.

No acto participarán Uxío Grande, Rafael Cuíña, Manuel Bragado e Xabier Quiroga.

      >> Ficha do Libro

Izan o da saca
Xabier Quiroga (Autor)
"O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur.Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen remedio, salpican o presente."

Dpto. Lingua Galega

Lecturas obrigatorias e optativas propostas polo departamento de Lingua Galega.

No documento adxunto está a relación de libros propostos por curso e por trimestre...

Celebramos o Día da Ciencia en Galego!

Día da Ciencia en Galego

Como hai políticos que cren que a nosa lingua non serve para ser científica, nos centros de ensino empeñámonos en demostrar que si. E resulta ben doado! 

Un ano máis, no noso centro decidimos dar o protagonismo ao alumnado de Diversificación para que fosen eles e elas quen demostrase que a ciencia pode explicarse en galego, converténdose en profesorado por un día. E que ben o fixeron!

 As experiencias xiraron arredor da luz e da óptica.

     Ver Fotos

 

No IES Laxeiro tamén celebramos o Día de Rosalía

[24 de febreiro] Tamén no IES Laxeiro celebramos o Día de Rosalía.

Sumámonos á proposta da AELG de celebrar o Día de Rosalía cun vídeo para conmemorar e celebrar o Día de Rosalía.

-

Presentación de "Zapatillas Rotas"

Presentación de "Zapatillas Rotas"         

O noso benquerido compañeiro Xabier Quiroga  presenta o seu quinto libro "Zapatillas rotas", o vindeiro xoves 16 de outubro ás 20:00h no salón de actos do noso centro.

Convidamos a toda a comunidade educativa a asistir a este evento, onde o escritor estará acompañado por Manuel Bragado, editor de Xerais, Celso Fernández Sanmartín e o noso director, Uxío Grande, como mestre de cerimonias. 

 

 >> Ficha do libro

>> Ficha do Autor

 

 

Alumnado de 1º ESO participa no " Correlingua".

O 8 de maio celebrouse en Silleda o "Correlingua", unha marcha en favor do Galego na que o noso alumnado de 1º ESO participou expresando as súas ideas. Aquí podedes ver as pancartas que fixeron desde Plástica.

Distribuir contido