Grupo Convivencia

Xornada Titoría Entre Iguais - TEI

O derradeiro día lectivo do primeiro trimestre, o xoves 21 de decembro, adicamos parte da xornada a fortalecer os lazos entre o alumnado participante no programa TEI por medio de xogos populares e tradicionais.

   

Xornada de Convivencia con 1º de ESO

 Este venres, 13 de outubro, as alumnoas e alumnos de 1º de ESO xunto cos seus profesores e profesoras participaron nunha Xornada de Convivencia, co fin de facilitar o coñecemento e cohesión do alumnado, que provén de diferentes centros de Primaria e tamén establecer relacións de proximidade cos distintos profesores. Unha andaina pola Devesa de Moa permitiulles compartir conversa e camiñata, e coñecer as excelencias naturais desta paraxe, da que cabe destacar a súa ampla biodiversidade botánica e zoolóxica. Unha agrabable xornada para todos e todas.

Xornada de cohesión TEI

O pasado día 7 de abril desenvolvemos unha xornada de cohesión, enmarcada no programa TEI (Titoría entre iguais), protagonizada polos alumnos e alumnas de 1º da ESO (titorandos) e os de 3º de ESO (titores). Titores e titorandos participaron nunha serie de actividades e xogos onde a cooperación entre ambos se tornaba imprescindible: Cruzar o río, Eu guío, A miña prenda... No video podedes ver algúns momentos da xornada.

"Manequin Challenge" polo Día de Rosalía

#RosaliaTe no IES Laxeiro     #24defebreiro     #sempreRosalía

Un ano máis, dende a biblioteca do IES Laxeiro quixemos colaborar coa iniciativa da AELG conmemorando o Día de Rosalía; propuñan realizar un "Manequin Challenge" que representase un dos seus poemas. Nós escollemos "A xustiza pola man" e este é o resultado:

 

Alumnado de 3º ESO - Titores do Programa TEI (Titoría Entre Iguais).

Aquí temos ao noso alumnado Diplomados para o Programa TEI (Titoría Entre Iguais).

 TEI 1

 

TEI 2 

 

Xornada de Convivencia na Devesa de Moa


     O pasado 1 de outubro, os 75 alumnos de 1º da ESO acompañados por sete dos seus profesores participaron nunha Xornada de Convivencia, que contempla o Plan de Convivencia do Centro co fin de facilitar o coñecemento e cohesión do alumnado, que provén de diferentes centros de Primaria e tamén establecer relacións de proximidade cos distintos profesores. Para este fin, deseñouse unha ruta de sendeirismo pola Devesa de Moa, onde ademais de compartir conversa e camiñata, deu pé para coñecer as excelencias naturais desta paraxe, da que cabe destacar a súa ampla biodiversidade botánica e zoolóxica. Igualmente serviu para coñecer os cursos dos ríos Deza e Zobra e valorar a importancia que a apicultura tivo no Candán, coa visita e explicación da función das alvarizas.

    A xornada foi un éxito de alegría e alumnos e profesores regresamos satisfeitos da experiencia. 

    Neste enlace pódense ver algunhas fotos da xornada.

 

Somos "Escola sen Racismo"

O xoves 11 de xuño, o alumnado de 1º ESO estivo na proxección das reportaxes solidarias feitas por varios compañeiros da ESO que participaron do obradoiro de TV da Asamblea de Cooperación Pola Paz e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). Ademais de recibir os diplomas de participación, o director Uxío Grande recolleu para o centro a placa que nos acredita como membro da rede de Escolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o desenvolvemento. Noraboa a todos/as.

Xornada de convivencia en 1º de ESO

O pasado luns, 20 de outubro, 85 alumnos e alumnas de 1º da ESO e seis profesores participamos nunha andaina pola fraga de Quiroga e arredores, en Catasós. Unha soleada mañá na que descubrimos algo máis acerca dos compañeiros, da fraga e do pazo de Quintela.Con ela perseguíase un mellor coñecemento e achegamento entre alumnos e docentes de 1º da ESO. A actividade, promovida desde a Comisión da Convivencia, ocupou un recreo e as catro últimas sesións de clase.

Fomentando a convivencia, educar en valores

Os días 11, 12 e 13 de Febreiro o alumnado de 2º de ESO está a traballar a igualdade e aspectos da convivencia cos técnicos Susi Payo e Celso Taboada do Servizo de Igualdade do Concello de Lalín.

Estereotipos de xénero, Bullying, formas de reaccionar..., son algúns dos aspectos a tratar de xeito ameno e coas distintas opinións de todo o alumnado.  

 

 

Distribuir contido