Orientación

Profesorado Orientación

Nome e Apelidos

Cargo/Titoría
Ana Gulías Troitiño

Xefa de Departamento/Orientadora

Nuria Gómez López Profesora PT

Programación do departamento de Orientación 2018-2019

Nas ligazóns que seguen pódense descargar a programación do departamento e  a de  Pedagoxía Terapéutica para o curso 2018/19.

PLAN DE CONVIVENCIA DO CENTRO: PRIMEIROS PASOS PARA A MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS

Este mércores pasado, 25 de maio,contamos coas compañeiras Kety e Begoña do IES Xulián Magariños de Negreira, que se encargan da coordinación de mediación e da orientación neste centro.


Compartiron a súa experiencia tanto na posta en marcha da mediación como na formación, difusión e continuidade do seu proxecto, no que se prima a mellora da convivencia, a autonomía e mellora das competencias sociais do alumnado participante e o fomento do diálogo na resolución de conflitos.

Foi unha pequena introdución para os interesados/as que acudimos: do IES  Laxeiro, do IES Aller, do IES Colmeiro…

Graciñas a Kety, Begoña e aos asistentes.

 

 

Somos "Escola sen Racismo"

O xoves 11 de xuño, o alumnado de 1º ESO estivo na proxección das reportaxes solidarias feitas por varios compañeiros da ESO que participaron do obradoiro de TV da Asamblea de Cooperación Pola Paz e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). Ademais de recibir os diplomas de participación, o director Uxío Grande recolleu para o centro a placa que nos acredita como membro da rede de Escolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o desenvolvemento. Noraboa a todos/as.

Premio "Clases sen fume"

Felicitamos ao grupo de 1º de ESO A, gañadores no Programa Clases sen fume co seu xogo "Tabacopoly". Como premios, unha fantástica viaxe ao Aquapark de Cerceda, e un premio de Innovación educativa á profesora Sara Castro. Felicidades!. Neste enlace podedes ver máis fotos.

Obradoiro de televisión para a educación en valores con alumnado do IES Laxeiro

Remata en Lalín o obradoiro de televisión para a educación en valores con alumnado do IES Laxeiro

Teatrofórum e unha exposición son outras das actividades que continuarán a desenvolverse no marco do proxecto Escolas sen Racismo de ACPP e AgaresoObradoiro TV

19 de febreiro de 2015.- O obradoiro de televisión para a educación en valores promovido pola ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) remata hoxe no IES Laxeiro (Laxeiro). Esta actividade de educación e comunicación para o desenvolvemento encádrase no movemento europeo Escolas sen Racismo, que engloba a máis de 500 centros educativos, e faise pública na xornada previa ao Día Mundial da Xustiza Social, que se conmemora mañá venres.

 

Fomentando a convivencia, educar en valores

Os días 11, 12 e 13 de Febreiro o alumnado de 2º de ESO está a traballar a igualdade e aspectos da convivencia cos técnicos Susi Payo e Celso Taboada do Servizo de Igualdade do Concello de Lalín.

Estereotipos de xénero, Bullying, formas de reaccionar..., son algúns dos aspectos a tratar de xeito ameno e coas distintas opinións de todo o alumnado.  

 

 

Día da Paz

Os departamentos de Relixión, Orientación e Plástica conmemoraron o 30 de Xaneiro , Día da Paz, con dúas exposicións tituladas: "A paz nas distintas relixións" e  " A Paz: do A ao Z".

Na primeira o alumnado buscou frases célebres de persoaxes representativos de cada relixión , co obxectivo de  mostrar que todas elas perseguen o mesmo fin: A Paz, un punto máis no logro da harmonía. 

Coas distintas letras do alfabeto o alumnado e titores de ESO eleboraron tamén listados de  palabras para conmemorar este día.

Aquí tes algunhas fotos.

Teatro Fórum de Igualdade

Teatro Fórum de Igualdade

 

Os días 21 e 27 de Xaneiro realizamos, coa colaboración das monitoras da Asamblea de Cooperación pola Paz (Santiago), o segundo Teatro Fórum para o alumnado de 1º de ESO.

Reflexionaron e aprenderon sobre Igualdade de Xénero, respecto e convivencia.... mediante dinámicas amenas e  lúdicas.

 

Para ver máis bótalle un ollo á galería de fotos.

Aprendendo a convivir

Aprendo a convivir

 

Novamente a educadora social Isabel Presas do centro Quérote+ colabora con nós no Obradoiro de Convivencia para o alumnado de 3º de ESO enmarcado dentro do Plan Proxecta.

O alumnado aprendeu a convivir, poñendo en práctica habilidades como a escoita activa, asertividade, empatía,...

Fai clik aquí para ver algunhas imaxes.

 

 

Distribuir contido