Orientación

Obradoiro de primeiros auxilios

Onte, mércores 17, os alumnos de ciclos medio de Electricidade e electrónica, Electromecánica de vehículos e de ciclo superior de Mantemento de equipos industriais, participaron nun obradoiros de primeiros auxilios.

O obradoiros foi impartido por profesorado e alumnado do CM de Emerxencias Sanitarias do IES Lamas de Abade de Santiago. Houbo unha parte teórica conxunta no salón de actos e despois, divididos en 3 obradoiros para grupos de 20 alumnos, impartíronse:

-maniobras de RCP

-inmovilización e traslado de feridos

-vendaxes de queimaduras, fracturas e feridas diversas

Dende aquí agradecer a todos polo éxito de participación e aos compañeiros do Lamas de Abade polo seu tempo e atención. Tedes as fotos dos diversos obradoiros na galería de fotos do centro.

NOVO MATERIAL PARA ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL

Está dispoñible en orientación novo material de interés para alumnado de bacharelato e de 4º ESO interesado tanto en titulacións universitarias coma ciclos medios e superiores. Dado que ten copyright non se pode colgar na web e só o podedes consultar no despacho da orientadora.

Descrición do material:

-DVD Anuario "Entre estudiantes" con guias para decidir futuro, información sobre todas as universidades e estudos universitarios, notas de corte, campus....en España-

-Novos exemplares das revistas "Y ahora qué" (cun especial sobre o selectivo, probas de acceso a universidades privadas, guía práctica de universidades e un monográfico sobre a titulación de Dereito) e "Entre estudiantes" (con mongráficos sobre grao en información e documentación, grao en óptica e optometría e técnico superior en secretariado, así como tendencias de emprego para o 2010).

¡Pasade a consultalas cando queirades! Son de gran utilidade.

 

Nova regulación das PAAU

Publicouse no DOGA do luns 11 de xaneiro, a orde que regula as probas de acceso ao sistema universitario (ensinanzas de grao).

Para ter máis información, consultade en orientación (que xa está realizando sesións informativas con alumnado de 2º Bacharelato Nocturno e Diurno) e tamén podedes consultar directamente a orde na  páxina web da Consellería de Educación.

Obradoiros da Cruz Vermella

Na semana do 16 a 20 de novembro realizáronse dous obradoiros a cargo de asesores da Cruz Vermella:

  • o programa de prevención de condutas violentas: no que se trataron os DDHH, violencia de xénero, resolución de conflitos, autoestima e bullying
  • o programa de educación para a saúde: sexualidade, hábitos nocivos (drogas, tabaco, alcohol), trastornos alimentarios (anorexia e bulimia) e VIH-SIDA.

Nestes obradoiros participou alumnado de 3º e 4º ESO.

Por se queres ver as fotos, consulta no album correspondente na galería de imaxes do Laxeiro.

Toma Nota

O portal Infoempleo edita de forma bimestral a Revista TN Toma Nota, unha publicación xuvenil que podedes consultar de forma gratuíta e onde podedes atopar resposta a inquedanzas e intereses relacionados co mundo da formación e o emprego. Oriéntate e asesórate sobre o teu futuro académico e profesional!.

Revista Toma Nota

Revista Toma Nota

 

Programa Orienta

Xa podedes descargar o programa Orienta 2009-2010.

O  programa Orienta axúdavos, de forma interactiva e mediante cuestionarios, a tomar decisións sobre o voso futuro académico e profesional. Co seu uso teredes máis información sobre as posibilidades que se vos abren nos vindeiros cursos e en base aos vosos intereses e habilidades asesóravos á hora de escoller materias optativas, ciclos formativos, vías do bacharelato, ...

Especialmente interesante para o alumnado de segundo ciclo da E.S.O., Ciclos Formativos e Bacharelato.

NOvas Probas Libres para a FP que ía pola LOXSE

 

Antes de quedarse sen título, se por calquera
circusntancia te vas a descolgar e queres ir por libre a unha proba, e
rematar, ou reenganchar nos novos Ciclos.

Revisa o DOG que sae o 1 de xullo de 2009

 

Alí di por exemplo :

"2. As dúas convocatorias terán lugar no curso académico
seguinte ao da extinción definitiva da docencia do título, consonte o
seguinte calendario:


a) A primeira convocatoria realizarase no mes de
setembro, antes do comezo das actividades lectivas, co fin de
posibilitar a matrícula no ciclo equivalente establecido ao abeiro da
Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.


b) A segunda convocatoria realizarase no mes de xuño, coincidindo co remate das actividades lectivas.

3. Poderán ser obxecto de avaliación nas
devanditas convocatorias todos os módulos profesionais dos ciclos
formativos extinguidos agás o de formación en centros de traballo
(FCT), que se regulará segundo o disposto no artigo 8º desta orde.

Moitas oportunidades nos Exames Externos

 

-Nos exames externos aos que se presenta a xente do Laxeiro, non vai mal de todo.

Suponse
que é onde se demostra se a formación impartida (e asimilada) dentro do
Instituto pódese contrastar fora das fronteiras, e manténse con
consistencia.

 

  • Case o 70% da xente que se presentou ás probas de acceso a Ciclos Medios.
  • Case igual coa xente que se presentou a acceso a Ciclos
    Superiores (sobre todo noraboa á xente que está e imparte en
    Bacharelato de Adultos, e logo supera estas probas).
  • E a ver agora coa xente que vaia o Selectivo.

Esta xeración de entre 17 e 19 anos témplase tamén nos exames.

 

Sorte (e moita calma)

 

Rematado outro traballo Audiovisual

Recén acabada a producción dunha curtametraxe, xa é anunciada na prensa local.

recollida de La VOZ de GAlicia

Un grupo de alumnado do Laxeiro presentará a pelicula curta "Corazón de tres",
que presentaron ao concurso do Sergas sobre transplantes de órganos.
Dentro dun mes saberase o veredicto, pero o resultado xa foi aprender
algo máis sobre este complexo e marabilloso mundo.

O pequeno
grupo de xente que xa se animaran a participar (e gañar) o concurso
audiovisual Infofala, segue con gañas de inventar e contar historias.

É
un xeito fantástico de desenrolar talentos que quedarían agochados. É
uhn xeito de amosar que no Instituto tamén se aprenden cousas sen pasar
polo exame.

 

Desexámoslle grandes éxitos, e que sigan a amosarnos os seus traballiños.

 

 

Distribuir contido