Competencia dixital

Competencias dixitais docentes

 

A competencia dixital no ámbito educativo de Galicia vertébrase a través dos tres marcos europeos elaborados polo Centro Común de Investigación (Joint Research Centre, JRC) da Comisión Europea:

• O marco europeo da competencia dixital docente (DigCompEdu nas súas siglas en inglés) é a referencia para o desenvolvemento da competencia dixital do profesorado. A tradución ao galego pode descargarse nesta ligazón e así como unha folla resumo do marco nesta outra.

Partindo do DigCompEdu, as Comunidades Autónomas e o Ministerio de Educación e Formación Profesional realizaron unha adaptación ao contexto educativo do Estado español que resultou na publicación, no BOE do 16 de maio de 2022, da actualización do marco de referencia da competencia dixital docente.

• O marco europeo para as organizacións educativas dixitalmente competentes é a referencia para os centros educativos e para a elaboración do plan dixital de centro.

• O marco europeo da competencia dixital para os cidadáns é a referencia para a competencia dixital do alumnado. Nesta ligazón, a versión en castelán.

 


 

NOVIDADES

Acordo da Conferencia Sectorial de Educación, sobre a actualización do marco de referencia da competencia dixital docente.

Apertura do prazo do TestCDD en FProfe para docentes (do 08/02/2022 ao 28/02/2022). Prema na ligazón Pasos a seguir para a realización do TestCDD

Prema na ligazón á Presentación do Plan dixital. Temporalización das accións (03/02/2022)