Gallego

Resolución de continuidade dos centros da Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal) para o curso 2023-2024

Gallego

Achégase a Resolución de continuidade dos centros que constitúen a Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal) para o curso 2023-2024.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución de continuidade dos centros da Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal) para o curso 2022-2023

Gallego

Achégase a Resolución de continuidade dos centros que constitúen a Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal) para o curso 2022-2023.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva dos centros docentes admitidos para a constitución da Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022

Gallego

Colectivo: 

Resolución provisional dos centros docentes admitidos para a constitución da Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022

Gallego

Achégase a Resolución provisional dos centros docentes admitidos para a constitución da Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022.

Ábrese un prazo de 3 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación neste portal, para realizar reclamacións ou renuncias ante a presidencia da comisión.

O procedemento para realizar reclamacións ou renuncias dirixirase á Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado (código PR004A), xunto coa documentación xustificativa. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Colectivo: 

Ampliación do prazo de solicitude de participación na Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022.

Rede Galega de Educación Dixital
Rede Galega de Educación Dixital
Gallego

Colectivo: 

Resolución do 3 de setembro de 2021 pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos de Galicia, curso 2021-2022

Gallego

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 7 de setembro de 2021 pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022

Gallego

Resolución do 7 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022.
 

 

Colectivo: 

Sección: 

Plan Dixital

Áreas temáticas do DigCompOrg

Áreas ou elementos temáticos que contempla o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), referencia para a dixitalización dos centros educativos.

O Plan Dixital de centro é un documento a través do cal os centros analizan a súa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais e, a partir desta situación de partida,  definen un plan de actuación que incluirá os obxectivos a conseguir, as actuacións específicas para implementar este plan, a súa avaliación e difusión. O obxectivo final da posta en marcha do Plan Dixital é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

Como apoio aos centros educativos atópase dispoñible a ferramenta de autoavaliación SELFIE, da Comisión Europea, que proporciona un informe de situación do centro.

A partir do Informe SELFIE, o centro poderá xerar unha análise DAFO que é de utilidade para a análise de situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. Aquí podemos ter en conta  elementos como as infraestruturas tecnolóxicas, a  competencia dixital docente e do alumnado, ou a actitude favorable cara ao uso das tecnoloxías como medio de mellora do proceso de ensino-aprendizaxe, entre outros.

Gallego
Áreas DigCompOrg
Áreas DigCompOrg

Sección: