Ciclos

Nova Dotación para o Ciclo Superior de Mecatrónica, un ROBOT INDUSTRIAL de ABB!

Neste curso 2018-2019, o noso centro centro IES Laxeiro, recibiu un Equipamento Didáctico por parte da Empresa ABB (Asea Brown Boveri, SA) dun Robot Industrial modelo IRB120, con controlador IRC5C de 2ª generación, con Estación de Traballo, con soportes e software RobotStudio e RobotWare.

Na semana pasada (05 ao 09 novembro) rematou o curso de formación inicial de 20 horas para a posta en marcha do Robot Industrial ABB modelo IRB120. Permitiu ter unha visión xeral do Robot e do seu Controlador IRC5C, coñecer as Normas de Seguridade, os distintos Sistemas de Coordenadas, as distintas ferramentas e útiles que se poden empregar, executar programas básicos, saber verificar a posición de calibración, realizar copias de seguridade... e por suposto da necesidade de crear un Grupo de Traballo para profundizar e avanzar no seu emprego didáctico.   

O valor económico de esta nova dotación ten un precio de mercado sobre os 20.000 euros no ámbito industrial. Esta é unha iniciativa que reforza o Ciclo Superior de Formación Profesional de Mecatrónica do noso centro. Un módulo mais de formación sobre maquinaria e instalacións industriais.

É e será unha nova proxección cara o futuro de formación para o noso alumnado.

Temos un vídeo demostrando os seus primeiros pasos e outro vendo a simulación!

 

Visita a REGANOSA

O pasado mércores, día 7de novembro de 2012,  alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas e Automáticas de Formación Profesional e o alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º e 2º de bacharelato, realizaron unha visita didáctica á Central Regasificadora de REGANOSA en Mugardos (FERROL).   Ver FOTOS da Visita

Aberto o prazo de reservas para os Ciclos Medios e Superiores

Desde o día 17 de xuño ao 2 de xullo estará aberto o prazo para solicitar admisión en Ciclos Medios e Superiores para o curso 2010-2011.

Nos arquivos adxuntos poderás consultar a información que necesites, así como a Oferta educativa do IES.Laxeiro e os impresos que deberás cubrir para reservar a túa praza.

Obradoiro de protección civil: como actuar en caso de incendio

O venres 14 de maio tivemos o obradoiro de protección civil sobre actuación en caso de incendio, que veu a completar o obradoiro de marzo sobre primeiros auxilios. Participou alumnado e profesorado de ciclos medios de electricidade e automoción, ciclo superior de mantemento e PCPI. A primeira parte, de carácter teórico, foi impartida no salón de actos do centro e a segunda, de carácter práctico, realizouse nas instalacións de protección civil. Alí alumnado e profesorado tivo que enfrontarse a unha situación de lume real, uso correcto de extintor, atención a vento e perigos do lume...

Na galería de fotos do Centro tedes colgado un álbum coas algunhas das máis interesantes.

Esperamos que vos fose útil.

PRAZAS EN CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES PARA ALUMNADO DE CICLOS

Publicada Orde de 3 maio de 2010 que convoca prazas de residencia en Coruña, Ourense e Vigo para aqueles/as que estudien ensinanzas postobrigatorias (ciclos medios e superiores, bacharelato) lonxe do seu domicilio familiar.

En orientación está dispoñibles toda a información: prazos, requisitos dos solicitantes, formularios...

Obradoiro de primeiros auxilios

Onte, mércores 17, os alumnos de ciclos medio de Electricidade e electrónica, Electromecánica de vehículos e de ciclo superior de Mantemento de equipos industriais, participaron nun obradoiros de primeiros auxilios.

O obradoiros foi impartido por profesorado e alumnado do CM de Emerxencias Sanitarias do IES Lamas de Abade de Santiago. Houbo unha parte teórica conxunta no salón de actos e despois, divididos en 3 obradoiros para grupos de 20 alumnos, impartíronse:

-maniobras de RCP

-inmovilización e traslado de feridos

-vendaxes de queimaduras, fracturas e feridas diversas

Dende aquí agradecer a todos polo éxito de participación e aos compañeiros do Lamas de Abade polo seu tempo e atención. Tedes as fotos dos diversos obradoiros na galería de fotos do centro.

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O pasado martes día 25 de novembro, os alumnos e alumnas dos Ciclos Formativos e 2º de Bacharelato acercáronse ó Filmax Pontiñas para ver a película "A Descoñecida" do director italiano Giuseppe Tornatore. Esta actividade estaba enmarcada dentro das actividades organizadas pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Distribuir contido