Equipo de Normalización
Mes da Ciencia no IES Laxeiro
Como cada ano, celebramos o mes de novembro como da Ciencia en Galego. Dende o noso centron dende o Club de Ciencias e do Equipo de Normalización Lingüística, están a planificar un conxunto de actividades para disfrutar da Ciencia en Galego. A Proposta de actividades é moi diversa e conta coas seguintes, e moito máis...
Propostas de actividades para o mes da Ciencia Novembro | |
|
Departamento de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía |
|
Departamento de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía |
|
Departamento de Física e Química |
Temática: Eficiencia enerxética |
Xa temos testimonios de Boas Prácticas no noso centro, aquí tendes unha mostra no seguinte vídeo:
Vídeo realizado por Cristina Iglesias Iglesias - Profesora de Física y Química
"Manequin Challenge" polo Día de Rosalía
#RosaliaTe no IES Laxeiro #24defebreiro #sempreRosalía
Un ano máis, dende a biblioteca do IES Laxeiro quixemos colaborar coa iniciativa da AELG conmemorando o Día de Rosalía; propuñan realizar un "Manequin Challenge" que representase un dos seus poemas. Nós escollemos "A xustiza pola man" e este é o resultado:
Semana das Letras
A nosa semana das Letras comezou en realidade moito antes, cando algúns libros de galego comezaron a formar un ceo de Letras no vestíbulo de acceso á biblioteca; asemade, a face da Manuel María presidiu este mesmo espazo nunha escultura con libros que se fixo realidade grazas ao Dpto. de Plástica e ao seu alumnado. Logo, o luns 16 de maio, o que parecía algo bastante improbable materializouse nunha cadea humana que percorreu toda a vila unindo os dous centros de ensino secundario nun desexo común, a defensa da nosa Lingua e da nosa LIteratura, simbolizada nun intercambio de agasallo de dous libros para cada centro: cómic, investigación, música e poesía, e divulgación científica. O martes, propio Día das Letras galegas, o noso Club de Lectura foi quen lle deu vida á obra de Manuel María no Museo de Lalín.
As actividades non remataron aquí; o xoves 19 acudimos á Praza de Abastos para pór en valor os produtos galegos na nosa Lingua aportando 3 grandes cartaces deseñados polo alumnado para que permanezan alí todo o ano, e para escoitar a Miro Casabella, cantautor defensor da nosa Cultura.
Presentación da novela “Izan o da saca” de Xabier Quiroga
Mércores, 16 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do IES Laxeiro, rúa Bos Aires, 71, de Lalín, terá lugar a presentación da novela "Izan o da saca" do noso benquerido compañeiro Xabier Quiroga.
No acto participarán Uxío Grande, Rafael Cuíña, Manuel Bragado e Xabier Quiroga.
Izan o da saca
Xabier Quiroga (Autor)
"O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur.Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen remedio, salpican o presente."
Celebramos o Día da Ciencia en Galego!
Como hai políticos que cren que a nosa lingua non serve para ser científica, nos centros de ensino empeñámonos en demostrar que si. E resulta ben doado!
Un ano máis, no noso centro decidimos dar o protagonismo ao alumnado de Diversificación para que fosen eles e elas quen demostrase que a ciencia pode explicarse en galego, converténdose en profesorado por un día. E que ben o fixeron!
As experiencias xiraron arredor da luz e da óptica.
Ver Fotos
Kcharela 10
Aquí podedes consultar o último número da nosa revista Kcharela!
O Día da Ciencia en Galego no IES Laxeiro
Celebramos o Día da Ciencia en Galego (4 novembro) co motivo dos sensores, e fixémolo no entorno mais común destes, no mundo da Robótica! Os alumnos de 4º prepararon unha mostra de Robots LEGO.
Presentación de "Zapatillas Rotas"
O noso benquerido compañeiro Xabier Quiroga presenta o seu quinto libro "Zapatillas rotas", o vindeiro xoves 16 de outubro ás 20:00h no salón de actos do noso centro.
Convidamos a toda a comunidade educativa a asistir a este evento, onde o escritor estará acompañado por Manuel Bragado, editor de Xerais, Celso Fernández Sanmartín e o noso director, Uxío Grande, como mestre de cerimonias.
Concurso de Blog´s 2013 do IES Laxeiro: Blogalízate!
BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín. Dende o principio deste curso, estivemos comprobando como moitos alumnos traballaron a prol do Galego e das TIC´... agora e cando anunciamos:
Xa temos os nosos tres primeiros gañadores do II Concurso de Blog´s en galego!
1º premio: http://maarttaaa.wordpress.com/ ---->> Marta Millares Otero (1º Bacharelato)
2º premio: http://estadiosespectaculares.wordpress.com/ ---->> Miguel Ángel Díaz Areán (1º Bacharelato)
Concurso de Carteis en defensa do Galego
No IES Laxeiro celebramos un Concurso de Carteis en defensa do Galego, no que os gañadores/as recibirán diplomas e cheques regalo para empregar nalgunhas Librarías de Lalín. Na categoría A, Vanesa Lalín recibiu o 1º Premio, María Rodríguez o 2º Premio e o 3º foi para Natalia Otero. Na categoría B, foron Blanca Varela e Anabel Viana as gañadoras do 1º Premio, Uxía Adán e Estela Fidalgo gañaron o 2º Premio e Alba Vilariño o 3º. Na Galería de imaxes podedes ver os Carteis gañadores do Concurso.
