Plástica e Visual
Profesorado Plástica e Visual
Nome e Apelidos | Cargo / Título |
María Elsa Martínez Vázquez | |
Mar García Rodríguez | Xefa do Departamento |
Felices festas e bo descanso dende o IES LAXEIRO.
Compartimos convosco esta imaxe elaborada polo noso alumno CRISTIAN BRUGUERA PEREIRO coa inestimábel axuda da súa profesora ELSA MARTÍNEZ.
Saúdos e moita saúde.
PINTURA “A PLEIN AIR”
O venres día 28 de maio, o alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, experimentou a sensación da pintura ao aire libre, como os Impresionistas do século XIX. O sol, o vento, os tonos de cor son distintos pintando o aire libre e os resultados e as sensacións son espectaculares.
Aquí vos deixo o resultado en fotografías.
O IES Laxeiro, premiado co Selo de Centro eTwinning
A finais de marzo recibimos a magnífica nova de ser un dos 4 centros galegos premiados co selo de centro eTwinning 2021-2022. Un recoñecemento que só teñen o 2,3 % dos centros educativos europeos rexistrados en eTwinning (216.595).
O selo de centro eTwinning recoñece o traballo realizado con eTwinning polo equipo docente e o equipo directivo. Este logro, sen dúbida, non tivera chegado sen o tesón e o pulo da nosa compañeira e profesora de E. Plástica e Visual, Mar García Rodríguez, incansable na procura de contactos e tomando a iniciativa en case todos os proxectos levados a cabo. Ese traballo continuo e non sempre visible, co apoio incondicional do equipo directivo e do equipo docente, tróuxonos este premio europeo.
Na entrada do IES Laxeiro loce tamén a placa enviada polo Servicio Nacional de Apoyo eTwinnig co Selo de Calidade Nacional.
Chegar a ser un centro eTwinning supuxo percorrer todo un camiño e un proceso final que contou con dúas fases. Que é ser un centro eTwinning e como se obtén este selo explícase aquí.
Este fase final ten detrás un todo un camiño percorrido.
Programación e contidos mínimos 2020-2021
Nas ligazóns que seguen pódense descargar a programación do departamento para o curso 2020/21