Actividades
RUTA POLO "CAMIÑO DE INVERNO
O pasado venres 17 o alumnado de 2º de ESO realizou 12 km do "Camiño de inverno" correspondentes a etapa "Rodeiro-Lalín". A actividade organizouse desde o departamento de EF en colaboración con docentes doutras materias e dentro do programa de actividades complementarias do centro e do ERASMUS+ "21st century skills through traditional outdoor games".
Deixamos algunha imaxes da actividade.
Concurso de Blog´s 2013 do IES Laxeiro: Blogalízate!
BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín. Dende o principio deste curso, estivemos comprobando como moitos alumnos traballaron a prol do Galego e das TIC´... agora e cando anunciamos:
Xa temos os nosos tres primeiros gañadores do II Concurso de Blog´s en galego!
1º premio: http://maarttaaa.wordpress.com/ ---->> Marta Millares Otero (1º Bacharelato)
2º premio: http://estadiosespectaculares.wordpress.com/ ---->> Miguel Ángel Díaz Areán (1º Bacharelato)
Concurso de Blog´s do IES Laxeiro: Blogalízate!
BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín. Dende o principio deste curso, estivemos comprobando como moitos alumnos traballaron a prol do Galego e das TIC´... agora e cando anunciamos:
Xa temos os nosos tres primeiros gañadores do I Concurso de Blog´s en galego!
1º premio: eoquepensoeninguenovaicambiar.blogspot.com ---->> Mónica Jacobo Torres (4º ESO )
2º premio: maiscercadacompeticion.blogspot.com ---->> Iván Álvarez Portela (4º ESO )
aínda que estes foron os tres mellores, tamén chegaron a ser finalistas...
odiariodenayara.wordpress.com/ ---> Jasmín ( 4º ESO )
unsorrisonanenez.wordpress.com/ ---> Ana Belén ( 1º BAC )
lugaresfermosos.wordpress.com/ ---> Antía ( 1º BAC )
un saúdo, e vémonos para a entrega de premios!
BloGalízate!
BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín.
Xa podedes participar no concurso de blog´s, só se precisa empregar o noso galego!
Ata pronto e un saúdo,
Charlas sobre riscos en Internet
O pasado venres día 25 e o luns 28 de febreiro tiveron lugar no Centro dúas charlas impartidas por persoal da Guardia Civil dentro do Plan Director de convivencia e mellora da seguridade escolar. Neste caso a temática foron os riscos de Internet, e falouse sobre diversos temas relacionados co mal uso da rede e os potenciais perigos que ten.
A maxia da robótica
O pasado luns 9 de novembro asistimos en Santiago ao Obradoiro "A maxia da robótica".
Alí puidemos experimentar coa montaxe e programación de robots Lego e gozar das múltiples posibilidades que a robótica nos oferta para levar a cabo tarefas de todo tipo.
Podedes ver fotos de esta actividade na galería de fotos do IES Laxeiro.
Como mostra unha foto desta actividade:

Introdución á Aula Virtual do Centro
O martes día 28 de abril ás 16:00 horas terá lugar unha xornada de introdución ao funcionamento da Aula Virtual do Centro dirixida ao profesorado.
A razón de convocar esta xornada é mostrarlle ao profeorado tódalas posibilidades que ofrece a Aula Virtual como plataforma de organización do curso e de traballo durante o mesmo, así como animalos a que empecen a empregala de forma regular.
A sesión durará aproximadamente dúas horas e media e será case na súa totalidade práctica. Ensinarase, entre outras cousas, como crear cursos, matricular alumnado, subir material (arquivos de texto e imaxes, vídeos, arquivos de son, etc.), poñer ligazóns a páxinas web, realizar actividades en liña, cuestionarios, actividades de avaliación, etc.
